Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se anuncia a contratación de consultoría e asistencia polo sistema de procedemento aberto por concurso.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: organización e montaxe dun stand institucional da consellería de pesca, marisqueo e acuicultura na exposición mundial da pesca World Fishing Exhibition (Vigo do 17 ó 21 de setembro de 1997).

División por lotes e número: non existen lotes.

Lugar de execución: recinto feiral de Cotogrande (Vigo).

Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata as corenta e oito horas seguintes á data de clausura do certame.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 35.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 700.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

Na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa do Sar, nº 75 - 15702 Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 63 04, ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo III, subgrupo 3º, categoría C.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce (14) horas do día no que se cumpran vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n -15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no Art. 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas:

Na sede da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás dez (10) horas do día no que se cumpran cinco días hábiles contados desde o seguinte ó do remate da presentación de ofertas; de coincidir este en sábado, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte.

10. Gastos do anuncio.

Correrán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1997.

Juan M. López García

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

2259