Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.513

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 65/1997, do 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no DOG nº 63, do 3 de abril de 1997, é necesario face-las seguintes correccións:

Na páxina 3.007, columna da dereita, no apartado referente ás comarcas da provincia da Coruña, onde di: «A BARBANZA», debe dicir: «BARBANZA»; onde di: «BARCALA», debe dicir: «A BARCALA» e onde di: «O EUME», debe dicir: «EUME».

Na páxina 3.008, columna da esquerda, no apartado referente ás comarcas da provincia de Ourense, na comarca de ALLARIZ-MACEDA, onde di: «... Xunqueira de Espadanedo.», debe dicir: «... Xunqueira de Espadañedo.» e onde di «A BAIXA LIMIA», debe dicir: «BAIXA LIMIA».

1450