Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.513

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo.

Vistos os estatutos da Federación Deportiva Galega de Salvamento e Socorrismo e a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinaria do 12-1-1997.

Visto o informe da sección de rexistro de clubs e asuntos xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995, de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos aprobados de conformidade co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995 e autoriza-la publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1997.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

Proxecto de estatutos da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo

TÍTULO I

Disposicións xerais

Capítulo I

Denominación, natureza xurídica, obxecto social e domicilio

Artigo 1º

A Federación Galega de Salvamento e Socorrismo, no sucesivo FGSS, é unha entidade asociativa privada, sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica e patrimonio propio e independente dos seus asociados, dedicada á promoción e práctica do salvamento acuático e socorrismo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º

A FGSS rexerase polo disposto na Lei 10/1990, de 15 de outubro, do deporte; Real decreto 1835/1991, do 20 de decembro, sobre federacións deportivas españolas; Decreto 228/1994, do 14 de xullo, que regula a actividade das federacións deportivas galegas, e demais normas de aplicación, así como polos presentes estatutos, e disposicións regulamentarias de orde interna que sexan debidamente aprobadas.

Artigo 3º

A FGSS está integrada na Federación Española de Salvamento y Socorrismo, e ostenta a súa representación exclusiva na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, está integrada por todas aquelas entidades ou asociacións e agrupacións deportivas, privadas ou estatais, clubs e sociedades deportivas afiliadas, que practican a modalidade do salvamento acuático e socorrismo en calquera das súas vertentes, así como calquera outro colectivo interesado que promova, practique ou contribúa ó desenvolvemento do mencionado deporte dentro do territorio de Galicia.

Artigo 4º

A FGSS ten como obxecto social promocionar, dirixir e ordenar exclusivamente dentro de Galicia, sen prexuízo das competencias concurrentes das distintas administracións públicas, as actividades propias da súa modalidade deportiva, en coordinación cos organismos correspondentes da Xunta de Galicia.

Artigo 5º

A FGSS dentro da súa actividade na Comunidade Autonoma de Galicia, ademais das súas funcións propias de promoción, goberno, administración, xestión e organización do salvamento acuático e socorrismo, exercerá, baixo a coordinación e tutela da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, as seguintes funcións públicas de carácter administrativo:

5.1) Fomenta-lo desenvolvemento e práctica do mencionado deporte, en tódalas súas facetas, e calquera ampliación recomendada pola Federación Española de Salvamento y Socorrismo, regulamen

ta-la súa técnica e organizar campionatos e competicións.

5.2) Imparti-los cursos de salvamento acuático e primeiros auxilios, e expedi-las correspondentes titulacions de carácter autonómico.

5.3) Colaborar nas operacións de salvamento acuático e socorrismo en medios acuáticos e calquera outros para as que sexa requirida.

5.4) Colaborar, se é preciso, coa Federación Española no deseño, elaboración e execución dos plans de preparación dos deportistas de alto nivel, así como participar na elaboración das listas anuais deles.

5.5) Formar, en colaboración coa Federación Española, os técnicos deportivos, así como previr, controlar e reprimi-lo uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos e métodos non regulamentarios no deporte do salvamento acuático.

5.6) Cualificar e organizar, se é o caso, as actividades e competicións oficiais de carácter autonómico.

5.7) Organizar ou tutela-las competicións oficiais de carácter nacional que se celebren no territorio autonómico.

5.8) Exerce-lo control das subvencións que asignen as asociacións e entidades deportivas nas condicións que fixe a Secretaría Xeral para o Deporte.

5.9) Executar, se é o caso, as resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva.

5.10) Formar debidamente os técnicos en tódalas súas especialidades.

5.11)Contrata-lo persoal necesario para o cumprimento das súas funcións e a prestación dos seus servicios.

5.12) Autoriza-la venda ou cesión dos dereitos de transmisión televisada ou radiada das competicións oficiais de ámbito autonómico.

5.13) Calquera outras que lle sexan atribuídas pola lexislación vixente ou que acorde no ámbito da súa competencia a asemblea xeral da federación

Os actos realizados pola FGSS, no exercicio das súas funcións públicas de carácter administrativo, son susceptibles de recurso ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, as resolucións do cal esgotan a vía administrativa.

A FGSS desempeña, respecto dos seus asociados, as funcións de tutela, control e supevisión que lle recoñece o ordenamento xurídico deportivo.

Artigo 6º

Quedan sometidos á disciplina da FGSS os seus directivos, deportistas, técnicos-adestradores, xuíces-árbitros, así como os clubs, asociacións, e demais entidades deportivas, e os seus respectivos directivos, aínda cando actúen fóra do territorio autonómico.

Artigo 7º

A FGSS estructúrase en delegacións comarcais coincidentes en canto ó ámbito, co de cada unha das provincias galegas, non podendo existir máis dunha delegación dentro do termo provincial.

Artigo 8º

A FGSS establécese en Ronda de Outeiro, 130, 1º, 15007 A Coruña.

A comisión delegada, por maioría dos seus membros e cando as circunstancias o aconsellen, poderá acorda-lo cambio do domicilio social dentro da mesma localidad. Para o traslado de domicilio a outra localidade, que deberá ser sempre dentro do territorio da Comunidade Autónoma galega, será necesario o acordo maioritario da asemblea xeral. En ámbolos dous casos, o traslado do domicilio social deberá ser notificado ós afiliados e á Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 9º

Establécese o principio de igualdade de tódolos asociados, sen discriminación por razón de raza, sexo, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

Capítulo II

Requisitos para ser membro da federación. Dereitos e deberes

Artigo 10º

As entidades deportivas poderán integrarse, por petición propia, na FGSS, sempre que teñan o seu domicilio social e desempeñen a súa actividade en Galicia e se encontren constituídas conforme os requisitos esixidos pola lexislación vixente e inscritos no rexistro público da FGSS e no Rexistro de Clubs, Federacións e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia, debendo comprometerse a cumpri-los estatutos e regulamentos da autoridade dos órganos federativos, en relación coas materias da súa competencia.

Os mesmos criterios e requisitos, no que sexa de aplicación, rexerán para a integración na federación dos deportistas, técnicos, xuíces e xurados e outros colectivos interesados se os houbese.

Artigo 11º

A integración na FGSS producirase a expedición por parte desta, do documento de afilicación ou inscrición. Para a participación en actividades ou competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico será preciso estar en posesión da licencia ou documento de afiliación expedido pola FGSS.

Artigo 12º

Tódolos membros da FGSS teñen dereito a recibi-la tutela dela con respecto ós seus intereses deportivos, así como o de participar nas súas actividades e no funcionamento dos seus órganos, de acordo cos presentes estatutos e cos regulamentos internos dela.

Os membros da federación teñen, pola sua vez, o deber de acata-los acordos dos seus órganos, sen que isto obste ó seu dereito de recorrer, ante as instancias federativas competentes e, se é o caso, ante os tribunais de xustiza ou Secretaría Xeral para o Deporte.

Capítulo III

As entidades deportivas

Artigo 13º

Por club de salvamento acuático e socorrismo enténdese aquela asociación privada de carácter deportivo que, constituída de conformidade coas disposicións vixentes, teña por obxecto principal a práctica e o fomento do deporte do salvamento acuático e socorrismo.

Poderán causar baixa na FGSS as entidades que denoten falta de actividde durante un ano natural e polo incumprimento das obrigas estatutarias ou económicas da federación.

Artigo 14º

Os clubs, asociacións e demais entidades afiliadas á FGSS deberán de ter como obxetivos:

a) A práctica e fomento do salvamento acuático e socorrismo.

b) A organización de competicións nas condicións establecidas no correspondente regulamento ou nos acordos federativos.

Artigo 15º

Como entidades deportivas afiliadas á federación deberán:

a) Cumprir cos estatutos e regulamentos da FGSS.

b) Acepta-los acordos e resolucións dos órganos federativos.

c) Colaborar coa FGSS facilitando as súas instalacións deportivas para cumpri-los fins federativos.

d) Contribuír ó sostemento da FGSS e paga-las súas cotas, exaccións e multas federativas.

e) Cooperar coas autoridades federativas na xestión administrativa, facilitando os datos de información que se soliciten.

f) Coidar do mantenemento da disciplina entre os seus socios, nos termos establecidos polas normas desenvolvidas pola Lei do deporte.

g) Cumprir calquera outra obriga establecida nos regulamentos técnicos e demais disposicións que lle sexan de aplicación.

h) Estar inscritos no Rexistro de Clubs, Federacións e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia.

TÍTULO II

Dos órganos de goberno e representación

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 16º

Son órganos de goberno e representación da FGSS a asemblea xeral e o presidente.

No seo da asemblea xeral deberá constituírse unha comisión delegada de asistencia a esta.

Artigo 17º

1. Son órganos electivos da federación o presidente, a asemblea xeral e a súa comisión delegada no ámbito das súas respectivas competencias.

Os membros dos demais órganos serán designados e revogados libremente polo presidente.

2. O nomeamento ou renovación dos membros dos órganos de goberno e representación, dos órganos complementarios e dos comités que puidesen crearse dentro da federación deberán ser comunicados a tódolos membros da asemblea xeral e á Secretaría Xeral para o Deporte nun prazo máximo de 15 días a partir da data do nomeamento.

3. Os órganos de goberno e representación reuniranse na forma e termos establecidos nestes estatutos; os seus acordos, salvo disposición expresa que dispoña o contrario, adoptaranse por maioría simple; en caso de empate o presidente terá voto de calidade.

4. A responsabilidade dos membros dos órganos da federación no exercicio das súas funcións será esixida no ámbito disciplinario de conformidade co disposto no Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, e nos ámbitos civil e penal de acordo coa lexislación xeral de aplicación.

5. Son requisitos xerais para ser candidato a presidente ou a membro da asemblea xeral da FGSS, sen prexuízo do establecido regulamentariamente, as condicións seguintes:

a) Te-la condición política de galego, segundo o disposto no artigo 3 da Lei orgáncia 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia.

b) Ser maior de idade e estar en pleno uso dos dereitos civís.

c) Non estar suxeito a corrección disciplinaria de carácter deportivo que o inhabilite.

d) Non ter sido condenado mediante sentencia penal firme que leve anexa pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para o cargo público.

e) Non estar incurso en ningunha causa de incompatibilidade establecida legalmente ou nos presentes estatutos.

f) Reuni-los requisitos específicos propios de cada estamento deportivo.

6. Tódolos membros dos órganos federativos que formen parte deles por elección desempeñarán o seu mandato por tempo de catro anos, coincidentes co período olímpico de que se trate e poderán, en todo caso, ser reelixidos.

7. No suposto en que por calquera circunstancia non consumaran aquel período de mandato, os que ocupen as vacantes exercerán o cargo por tempo igual ó que lles quedase por cumprir ós substituídos. Os substituídos non poderán presentarse a unha nova elección agás que trascorra o período olímpico para o que foron elixidos.

Capítulo II

Da asemblea xeral

Sección primeira

Natureza, composición, nomeamento e cesamento

Artigo 18º

A asemblea xeral é o órgano de goberno superior e de representación da FGSS.

Artigo 19º

A asemblea xeral está constituída polo presidente da federación e polos representantes das entidades deportivas, os deportistas, técnicos, os xuíces e xurados.

As entidades deportivas non poderán ser membros da asemblea xeral se no momento da convocatoria de eleccións non figuran inscritas no rexistro público da FGSS e no Rexistro de Clubs, Federacións e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia.

Os compoñentes da xunta directiva que non o sexan da asemblea xeral poderán asistir ás reunións desta última, con dereito a voz pero sen voto.

Artigo 20º

O número de membros da asemblea xeral fixarase no Regulamento electoral que regule a convocatoria de eleccións a ela. A composición e a representación dos estamentos sinalados anteriormente responderá ás seguintes proporcións:

-Entidades deportivas: 70%.

-Deportistas: 20%.

-Técnicos: 5%.

-Xuíces e xurados: 5%.

Artigo 21º

A convocatoria de eleccións deberá indicar expresamente o número de membros da asemblea xeral e o de cada un dos seus estamentos.

Artigo 22º

Os membros da asemblea xeral e a comisión delegada cesarán polas seguintes causas:

a) Defunción.

b) Disolución da entidade á que representan.

c) Expiración do mandato para o que foron elixidos.

d) Renuncia voluntaria ou demisión.

e) Estar incurso en causa de inelixibilidade ou incompatibilidade legal ou estatutaria.

f) Sanción disciplinaria imposta en forma regulamentaria que implique o cesamento no cargo que ostenta.

g)Perda dos requisitos polos que foron elixidos no seu respectivo estamento.

Artigo 23º

As vacantes que produzan na asemblea xeral antes das seguintes eleccións xerais a ela serán cubertas,

dentro de cada estamento e de maneira sucesiva, polos candidatos que no proceso electoral obtivesen maior número de votos despoios dos que resultaron electos e, na falta destes, mediante a realización de eleccións parciais sempre que, neste último caso, as vacantes superen o 20% dos membros da asemblea.

Os elixidos para ocupa-las vacantes ás que se refire o apartado anterior ostentarán o seu mandato polo tempo que falte para a celebración das seguintes eleccións xerais.

Sección segunda

Réxime de funcionamento

1. Competencias.

Artigo 24º

Son competencias da asemblea xeral as seguintes:

1. A aprobación e modificación dos estatutos da FGSS.

2. A elección mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto do presidente e da comisión delegada da FGSS, así como o cesamento e a moción de censura ó presidente, que deberá ser constructiva.

3. Aprobación do orzamento anual da FGSS e a súa liquidación.

4. Aprobación do programa ou calendario deportivo anual que desenvolverá a FGSS, e das bases ou regulamentos que rexerán a competición.

5. Aprobación do regulamento de eleccións á asemblea xeral, do presidente e da comisión delegada da FGSS.

6. Aprobación do Regulamento de disciplina deportiva.

7. Aprobación de calquera outro regulamento.

8. Calquera outra competencia da federación que non estea expresamente atribuída polos presentes estatutos a outro órgano.

2. Convocatoria.

Artigo 25º

A convocatoria da asemblea xeral será realizada polo presidente da FGSS e deberá conte-la orde do día da reunión; esta farase pública no taboleiro de anuncios da FGSS, con 10 días de antelación á data de celebración. En todo caso, notificarase individualmente a cada un dos membros da asemblea xeral, por calquera dos medios que permita ter constancia da data de recepción dela cunha antelación mínima de 48 horas.

1. Os defectos formais na convocatoria non darán lugar á nulidade da asemblea sempre e cando os membros dela recibisen a convocatoria coa orde do día no prazo establecido, e en todo caso, a asemblea será válida, sen necesidade de ningún outro requisito, sempre que concorran a totalidade dos seus membros.

Artigo 26º

O presidente da FGSS deberá convocar unha asemblea xeral ordinaria anualmente, antes de comeza-la nova tempada deportiva, para trata-los asuntos propios da xestion ordinaria e, como mínimo, para a aprobación do novo orzamento e liquidación do anterior, aprobación do calendario deportivo, e das bases ou regulamentos que rexerán a competición e para a aprobación da memoria de actividades anuais.

1. Tódalas demais asembleas terán carácter extraordinario e serán convocadas polo presidente da FGSS, sempre que o coide oportuno, ou por petición dun número de membros que integren a asemblea xeral non inferior ó 25%. Neste caso, os solicitantes deberán formular unha petición por escrito dirixida ó presidente da federación, indicando os puntos que compoñerán a orde do dia.

2. O presidente da FGSS, no prazo máximo de 10 días naturais desde a entrada da solicitude da convocatoria da asemblea extraordinaria por un número de membros suficientes, no rexistro da FGSS, deberá convoca-la asemblea xeral con carácter extraordinario, cos requisitos de forma sinalados nestes estatutos e coa orde do día solicitada, sen incluír ningún outro punto, que se celebrará nun prazo non superior a 20 días naturais desde a convocatoria. Caso de negativa expresa do presidente a efectua-la convocatoria ou pasados 10 días desde que a solicitude fose efectuada sen ter sido respondida, os solicitantes poderán facer uso dos dereitos que a lexislación vixente establece, ante a Secretaría Xeral para o Deporte para a convocatoria dos órganos de goberno.

3. Cando o presidente da federación aprecie a existencia dunha situación urxente que non permita demora na convocatoria da asemblea extraordinaria, poderá convocala sen suxeición a prazo nin requisito de forma ningún salvo a citación persoal dos asembleístas que poidan ser localizados nos enderezos que consten na federación. En todo caso, a asemblea xeral requirirá, como mínimo, a presencia de 2/3 dos seus membros e antes de analiza-la orde do día pronunciarase previamente, por maioria de asistentes, sobre a urxencia da convocatoria e a necesidade ou non da súa celebración. En todo caso, nunha asemblea xeral convocada deste xeito non poderán modificarse os asuntos aprobados en sesións anteriores da asemblea.

Artigo 27º

A asemblea xeral quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando a ela concorran a metade máis un dos seus membros.

En segunda convocatoria será válida sexa cal sexa o número de asistentes. Deberá mediar un mínimo de media hora entre a primeira e a segunda convocatoria.

3. Adopción de acordos.

Artigo 28º

Non será admisible en modo ningún para o establecemento do seu quórum o voto, por correo nin a delegación de voto sendo, por tanto, necesaria a presencia física dos seus membros.

Ninguén poderá ostentar na asemblea xeral máis danha delegación de voto.

Artigo 29º

As votacións no seo da asemblea xeral realizaranse na forma e pola orde que a presidencia estableza, sendo esta a que decidirá se serán ordinarias, nomináis ou secretas; se polo menos o 25% dos asistentes solicita unha modalidade determinada, a forma de votación decidirase por maioría simple dos membros da asemblea xeral.

Artigo 30º

A asemblea xeral será presidida polo presidente da federación e o seu voto será de calidade en caso de empate. Os acordos adoptaranse por maioría simple dos asistentes.

Artigo 31º

De tódolos acordos adoptados na asemblea xeral e na comisión delegada levantará acta o secretario delas, especificando o nome das persoas que interviron e as demais circunstancias que se consideren oportunas, contido dos acordes adoptados, o resultado da votación e, se é o caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado.

Os votos contrarios ó acordo adoptado ou as abstencións motivadas eximirán a quen os emita de calquera responsabilidade derivada de tales acordos.

Artigo 32º

Os acordes da asemblea xeral e da comisión delegada serán vinculantes e de abrigado cumprimento para a totalidade dos órganos, persoas e entidades que integran a FGSS e terán forza executiva a partir da data da súa adopción.

Artigo 33º

A asemblea xeral no poderá adoptar ningún acto que poida comprometer de forma irreversible o seu patrimonio ou actividade que constitúe o obxecto propio da federación.

En caso de dúbida ou por petición dun 5% dos membros de dereito da asemblea, será requisito imprescindible a emisión dun informe favorable por parte dos organismos competentes da Xunta de Galicia.

Capítulo IlI

A comisión delegada

Natureza, constitución, composición e funcionamento

Artigo 34º

1. No seo da asemblea xeral deberá constituírse unha comisión delegada que terá carácter electivo

e será un órgano de goberno e representación da federación.

2. A comisión delegada será elixida pola asemblea xeral na primeira reunión que esa celebre despois da súa constitución mediante sufraxio entre os membros dela. O seu mandato coincidirá co da asemblea xeral.

3. 0 número de membros da comisión delegada será o 15% dos membros da asemblea xeral. En ningún caso este número será inferior a 5 nin superior a 15.

4. 0 presidente da federación convocará a comisión delegada, que se reunirá como mínimo cada 4 meses para os fins da súa competencia e polo menos para realiza-lo seguimento da xestión deportiva e económica da federación.

5. Corresponde á comisión delegada da asemblea xeral:

a) A elaboración dun informe previo á aprobación dos orzamentos.

b) A modificación do calendario deportivo.

c) A modificación dos orzamentos e dos regulamentos.

d) O seguimento da xestión deportiva e económica da federación.

As modificacións non poderán exceder dos límites e criterios que a propia asemblea xeral estableza.

A proposta sobre os temas que se tratarán na comisión delegada corresponde ó presidente ou a dous tercios dos membros da comisión delegada.

Capítulo IV

Do presidente

Artigo 35º

O presidente da federación é o órgano executivo de goberno e representación que ostenta a súa representación legal, convoca e preside os órganos de gobernó e representación e executa os seus acordos.

Artigo 36º

A duración do cargo de presidente sera de 4 anos.

No caso de que, excepcionalmente, quede vacante a presidencia antes de que transcorra o prazo para o que foi elixido, considerarase demisionaria toda a xunta directiva, constituíndose a comisión delegada en comisión xestora, presidida polo membro de maior idade. Convocará á asemblea xeral, e esta acordará unha nova elección do presidente para cubrí-la vacante polo tempo que falte ata a terminación do prazo correspondente ó mandato ordinario. Se a vacante se produce por prosperar unha moción de censura, haberá que aterse ó disposto ó respecto nestes estatutos.

Artigo 37º

O desempeño do cargo de presidente da FGSS será causa de incompatibilidade coas seguintes actividades:

a) Ocupación de cargos directivos noutras federacións deportivas; exceptuándose a federación española da mesma modalidade deportiva.

b) Desenvolvemento de actividades ou desempeño de cargos en asociacións deportivas, ou clubs dependentes integrados na FGSS.

c) A persoa que resulte elixida como presidente da federación deberá cesar en todo tipo de actividades directivas no deporte específico e no ámbito territorial da federación.

d) Non existirá incompatibilidade, en ningún caso, coa práctica docente e activa do deporte.

Artigo 38º

O presidente cesará por:

a) Transcurso do prazo polo que foi elixido.

b) Demisión.

G) Incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

d) Aprobación dunha moción de censura pola asemblea xeral.

e) Por incorrer en causa de inelixibilidade, ou incompatibilidade. Neste último caso disporá dun prazo dun mes para cesar no posto que resulte incompatible co de presidente.

Artigo 39º

A moción de censura ó presidente poderá ser presentada polos membros da asemblea xeral que constitúan polo menos un 20% dela mediante escrito presentado no rexistro da federación. Na dita petición deberán solicitar do presidente a convocatoria dunha asemblea xeral extraordinaria coa dita moción como único punto da orde do día, así como propoñer un candidato alternativo á presidencia.

No caso de prospera-la moción de censura, que se votará nun sistema de dobre volta, debendo alcanza-la maioría absoluta de membros que compoñen a asemblea na primeira volta ou maioría simple de asistentes na segunda, celebradas cunha hora de diferencia, o candidato quedará investido, cun mandato polo prazo que falte para concluí-lo período ordinario.

Para a convocatoria da asemblea xeral extraordinaria a que se refire este artigo, haberá que aterse ó disposto no artigo 25 destes estatutos. A sesión da asemblea xeral en que se debata a moción de censura estará presidida polo membro de maior idade. Non será válido o voto por correo nin a asistencia por representación.

Se a moción de censura non prosperase, non poderá presentarse unha nova no prazo dun ano, como tampouco poderá presentarse, no caso de prosperar, contra o candidato investido na dita asemblea polo período dun ano.

Título III

Órganos complementarios dos de goberno e representación

Artigo 40º

Son órganos complementarios dos de goberno e representación da federación, para asistir ó presidente:

a) A xunta directiva.

b) O secretario.

c) O tesoureiro.

Artigo 41º

1. A xunta directiva é o órgano colexiado de xestión da federación; os seus membros son designados e separados libremente polo presidente, que a presidirá.

O número de membros non sera inferior a 5 nin superior a 15

O presidente elixirá entre os membros da súa xunta directiva un ou varios vicepresidentes, que o serán tamén da federación, o cal ou cales substituirán o presidente por delegación, imposibilidade física ou ausencia temporal, un secretario que, pola súa vez, o será da federación, así como un tesoureiro. Tales cargos, en canto baseados na confianza, poderán ser removidos polo presidente, cando o considere conveniente.

Os membros da xunta directiva que non o sexan da asemblea xeral terán acceso a ela, con dereito a voz pero sen voto.

Tódolos cargos son honoríficos, excepto o do secretario, que poderá ser retribuído; no caso de establecerse unha compensación económica a favor dalgún dos membros da xunta directiva, deberá ser expresamente acordada pola asemblea xeral e constar dunha maneira diferenciada no orzamento. En ningún caso a compensación económica poderá ser satisfeita con cargo as subvencións públicas que reciba a federación.

2. O presidente da federación nomeará un secretario, o cal exercerá as funcións de fedatario e asesor e, máis especificamente, por delegación do presidente:

1º. Ostenta a xefatura do persoal da FGSS se o houbese.

2º. Coordina a actuación dos diversos órganos da FGSS.

3º. Prepara a resolución e despacho de tódolos asuntos.

4º. Vela polo cumprimento de tódalas normas xurídico-deportivas, tendo debidamente informado sobre o contido destas os demais órganos da FGSS.

5º. Recibe e expide a correspondencia oficial da FGSS e leva un rexistro de entrada e saída desta.

6º. Levanta acta das reunións dos órganos de gobernó e complementarios da federación, con indicación

dos asistentes, temas tratados, o resultado das votacións e, se é o caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado.

7º. Organiza, mantén e custodia o arquivo da federación.

8º. Expedirá as certificacións oportunas da federación.

9º. Remitirlle á Secretaría Xeral para o Deporte as actas das reunións da asemblea xeral e da comisión delegada no prazo de 15 dias desde a data da súa celebración, así como as convocatorias delas.

10º. Calquera outra función que lle designe o presidente.

3. O tesoureiro da federación exercerá como funcións propias:

a) Leva-la contabilidade da federación.

b) Exerce-la inspección económica de tódolos órganos da federación.

c) Elaborar e presentar informes á comisión delegada do estado contable da federación.

Artigo 42º

Os membros da xunta directiva cesarán polas seguintes causas:

a) Demisión.

b) Falecemento ou incapacidade fisica ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

c) Por incorrer en causa de inelixibilidade ou incompatibilidade.

d) Cesados directamente polo presidente co cumprimento das comunicacións que se retiren os presentes estatutos.

Artigo 43º

A xunta directiva como órgano colaborador do presidente non terá competencias propias e exercerá por delegación as que lle encomende o presidente, que poderá avocar e revogar en calquera momento.

Artigo 44º

Os asuntos ordinarios de trámite serán despachados polo presidente e o secretario.

TÍTULO IV

Dos órganos técnicos e asesores

Capítulo I

Comisión en xeral

Artigo 45º

1. A federación poderá crear, logo de aprobación pola asemblea xeral, cantas comisións técnicas precise, ademais das seguintes:

a) Os comités de disciplina deportiva: comité de competición ou xuíz único e comité de apelación.

b) Comité de xuíces e xurados.

2. Tódalas comisións se rexerán polos seus respectivos regulamentos internos e, se é o caso, pola lexislación aplicable e polo disposto nos presentes estatutos.

Tódolos presidentes dos comités serán nomeados polo presidente da federación. O secretario da federación intervirá como secretario de tódolos comités, sen voz e sen voto, salvo que fose membro deles. O presidente, cando o considere necesario, poderá nomear un secretario específico para cada comité, que deberá consultar co secretario xeral da federación ante calquera cuestión que lle competa.

3. 0 presidente da FGSS, á vista das necesidades federativas, poderá crear outros cargos e órganos administrativos que considere precisos para o mellor funcionamento dela, podendo ser estes cargos remunerados.

Capítulo II

Comité de xuíces e xurados

Artigo 46º

No seo da federación constituirase, de maneira obrigatoria, un comité de xuíces e xurados, no cal o presidente será designado polo presidente da federación.

Este comité poderá adopta-la estructura territorial da federación.

Serán funcións deste comité:

a) Establece-los niveis de formación arbitral.

b) Clasificar tecnicamente, en función de criterios prefixados pola asemblea xeral, os xuíces ou arbitros, propoñendo á xunta directiva a adscrición as categorías correspondentes. Estas clasificacións comunicaranse á asemblea xeral.

c) Propoñe-los candidatos a xuíces ou árbitros nacionais.

d) Propoñer á xunta directiva as normas administrativas que regulan a arbitraxe para a súa posterior aprobación pola asemblea xeral.

e) Designa-los colexiados nas competicións oficiais de ámbito galego.

f) Colaborar cos órganos competentes da federación respectiva na formación dos xuíces e árbitros.

Capítulo III

A Escola Galega de Salvamento e Socorrismo

Artigo 47º

Para o mellor desenvolvemento das funcións formativas e docentes, que constitúen un dos fins da FGSS, recoñécese a existencia da Escola Galega de Salvamenfo e Socorrismo, á fronte da cal se atopará a persoa que designe o presidente da FGSS.

Artigo 48º

Ten como funcións a formación e actualización permanente, impartindo para o efecto os cursos para

a obtención da correspondente titulación dos técnicos da FGSS, en colaboración, sempre que se considere necesario coa Federación Española de Salvamento y Socorrismo, e coa súa respectiva escola, se a houbese.

Artigo 49º

Así mesmo, compétenlle as seguintes atribucións:

a) Velar pola calidade e o prestixio das titulacións expedidas pola FGSS a través dos cursos necesarios para a súa obtención.

b) Revisar e actualiza-los plans de estudio para cada un dos niveis de titulación, adaptándose ó sinalado nas leis e disposicións vixentes de rango autonómico, relacionadas co salvamento e socorrismo, e o deporte.

c) Organización de congresos, seminarios, conferencias e calquera outra actividade relacionada cos fins da escola.

d) Promover e dibundi-lo salvamento e socorrismo, a tódolos niveis, mediante a relación con calquera centro de formación ou educación. Para tal efecto haberá que realiza-los convenios de colaboración pertinentes coas ditas entidades.

e) Efectua-los procesos de validación de títulos, segundo o previsto nos regulamentos.

f) As demais previstas no Regulamento da escola.

TÍTULO V

Regulamento electoral

Artigo 50º

Os procesos electorais desenvolveranse conforme o regulamento electoral, que deberá ser aprobado pola asemblea xeral por proposta do presidente e regulará as seguintes cuestións:

1. Número de membros da asemblea xeral e número de representantes que corresponde a cada un dos estamentos.

2. Calendario electoral.

3. Censo electoral.

4. Composición, competencias e funcións da xunta electoral.

5. Requisitos para a presentación e proclamación de candidatos. O termo para a presentación de candidatos a presidente e membros da asemblea xeral non poderá ser inferior a 10 días.

6. Procedimento de resolución de conflictos, impugnacións e reclamacións, así como os recursos electorais.

7. Regulación do voto por correo nas eleccións á asemblea xeral. Non se admitirá esta clase de voto nas eleccións á comisión delegada e presidente.

8. Composición, competencia, funcionamento e localización das mesas electorais.

9. Elección de presidente.

10. Elección de comisión delegada.

O regulamento electoral deberá ser ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Capítulo I

A comisión xestora

Artigo 51º

Acordada a convocatoria de eleccións pola asemblea xeral e aprobado o Regulamento electoral, o presidente procederá, no prazo sinalado nel, á convocatoria de eleccións á asemblea xeral. A partir dese momento, a xunta directiva e o presidente constituiranse en comisión xestora.

A comisión xestora garantirá a máxima difusión e publicidade das convocatorias de eleccións á asemblea xeral e presidente, así como do Regulamento electoral coas medidas previstas nas disposicións federativas a través dun medio que permita asegura-la recepción da dita notificación. Deberá exponerse o Regulamento electoral o mesmo día da convocatoria.

A comisión xestora administrará a federación e convocará e realizará novas eleccións no prazo máximo de tres meses no caso de que non se presentase ningunha candidatura ou non fose válida ningunha das presentadas.

Capítulo II

Circunscrición electoral

A circunscrición electoral será a Comunidade Autónoma de Galicia.

Capítulo III

Xunta electoral

Artigo 52º

1. A xunta electoral estará composta por tres membros da asemblea xeral e elixidos por ela, así mesmo, designarase os membros suplentes, en igual número e condicións dos titulares.

2. De entre os membros elixirase o presidente e actuará como secretario o que o sexa da federación, con voz pero sen voto.

3. Os membros da xunta electoral non poderán figurar como candidatos á presidencia da federación.

4. A xunta electoral controlará todo o proceso electoral e terá competencia para coñecer e resolve-las incidencias que se produzan sobre o censo electoral, presentación e proclamación de candidatos, proclamación de membros da asemblea xeral e comisión delegada e do presidente da FGSS, así como a decisión de calquera outra cuestión que afecten directamente á celebración das eleccións e os seus resultados. Unha vez finalizada a votación levantará acta da votación e o reconto e remitirá a acta á Secretaria Xeral para o Deporte no prazo máximo de tres dias.

5. As decisións da xunta electoral son executivas e formaranse por maioría de votos. En caso de empate, o voto do presidente terá carácter decisorio.

6. Unha vez concluído o proceso electoral da asemblea xeral, do presidente da federación e da comisión delegada, a xunta electoral disolverase.

Capítulo IV

Mesas electorais

Artigo 53º

Para a elección dos distintos estamentos da asemblea xeral, do presidente e da comisión delegada, constituiranse unha ou varias mesas electorais na forma establecida no Regulamento electoral. Os membros destas mesas non poderán ser candidatos, axustándose no seu funcionamento as normas que se establezan no Regulamento electoral.

Capitulo V

Recursos

Artigo 54º

As reclamacións e impugnacións que se presenten contra calquera acto electoral dirixiranse á xunta electoral, e contra o que esta resolva caberá recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva. Así mesmo caberá recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva contra tódolos actos, acordos ou resolucións da Xunta Electoral ou calquera outro órgano ou membro da federación en materia electoral.

Capítulo VI

Elección da asemblea xeral

Artigo 55º

1. Os membros da asemblea xeral serán elixidos cada catro anos coincidindo cos xogos olímpicos de inverno, mediante subraxio libre, secreto, igual e directo entre e polos compoñentes dos distintos estamentos da federación, agás que concorran causas excepcionais que deberán ser autorizadas pola Secretaria Xeral para o Deporte a través da publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución.

2. As eleccións á asemblea xeral serán acordadas por ésta, que aprobará a convocatoria con tódolos requisitos que se establecerán no Regulamento electoral que así mesmo se aprobe.

3. Acordada pola asemblea xeral a convocatoria de eleccións, o acordo será formalmente executado polo presidente da federación, quen asinará esta.

4. Desde a convocatoria para a celebración desta asemblea xeral a xunta directiva e o presidente constituiranse en comisión xestora, de acordo co disposto sobre ese asunto nos presentes estatutos.

Artigo 56º

Para ser candidato a membro da asemblea xeral requírese o cumprimento dos requisitos establecidos con carácter xeral no artigo 17.5 destes estatutos.

Os requisitos para ser electores ou elixibles deberán terse cumpridos no día en que se publique a convocatoria de eleccions.

Artigo 57º

As eleccións á asemblea xeral realizaranse para cada un dos postos correspondentes os estamentos integrantes dela de acordo co previsto nestes estatutos.

Artigo 58º

Os representantes das entidades deportivas na asemblea serán elixidos por e entre os representantes que se encontren no censo electoral de entidades deportivas inscritas no Rexistro Público da Federación e no Rexistro de Clubs, Federacións e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia, no momento da convocatoria das eleccións e estivesen igualmente inscritos durante a tempada deportiva anterior, sempre que participasen en competición ou actividades de carácter oficial organizadas pola FGSS ou pola Federación Española de Salvamento y Socorrismo, coa aprobación ou intervención daquela.

Artigo 59º

Os representantes dos deportistas na asemblea xeral serán elixidos por e entre os maiores de idade e en pleno exerciGio dos seus dereitos civís, que tañan 1icencia en vigor expedida pola FGSS ata o momento da convocatoria das eleccións e a tivesen durante a tempada deportiva anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola FGSS ou pola Federación Española de Salvamento y Socorrismo, coa aprobación ou intervención daquela.

Artigo 60º

Os representantes dos técnicos e dos xuíces e xurados na asemblea xeral serán elixidos por e entre os pertencentes a cada estamento, calquera que sexa a súa categoría, dos que tañan licencia en vigor no momento da convocatoria das eleccións e tamen a tivesen na tempada deportiva anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola FGSS ou pola Federación Española de Salvamento y Socorrismo coa aprobación ou intervención daquela.

Capítulo VII

Elección do presidente

Artigo 61º

Unha vez concluídas as eleccións á asemblea xeral, o presidente da comisión xestora, logo de acordo dela, procederá á convocatoria da dita asemblea xeral para elixi-lo presidente e a comisión delegada da federación.

O presidente será elixido para un período de catro anos, coincidindo cos anos en que se celebren os Xogos Olímpicos de inverno, pola asemblea xeral,

mediante sufraxio libre, directo, igual e secreto por tódolos membros da dita asemblea xeral, logo de a presentación e aceptación das candidaturas correspondentes que deberán estar avaladas polo menos polo 10% dos membros da asemblea xeral. Os candidatos a presidente poderán non ser membros da asemblea xeral.

Artigo 62º

Será elixido presidente o candidato que obteña a maioría absoluta dos votos emitidos. No caso de que ningún candidato alcance esta maioría, procederase a unha segunda votación entre os dous candidatos máis votados, resultando elixido o que obteña a maioría de votos.

No suposto de que se presentase un so candidato, non se efectuará votación, sendo proclamado presidente o único candidato pola Secretaria Xeral para o Deporte.

Artigo 63º

Para poder ser candidato a presidente da federación, deberán de reunirse as condicións xerais definidas no artigo 17.5 dos presentes estatutos.

Artigo 64º

Non se admitirá o voto por correo nin por delegación das persoas físicas.

Capítulo VIII

Elección da comisión delegada

Artigo 65º

Na mesma asemblea xeral convocada para a elección de presidente, e unha vez realizada esta, procederase á elección dos membros da comisión delegada da asemblea xeral.

A comisión delegada estará composta polo 15% da asemblea xeral cun máximo de 15 membros e un mínimo de 5, e ademais o presidente da federación.

Serán elixidos membros da comisión delegada os que obteñan maior número de votos ata cubrí-lo número de membros correspondente á comisión delegada.

TÍTULO VI

Réxime económico

Artigo 66º

A federación está sometida ó réxime de administración, orzamento e patrimonio e caixa única.

O tesoureiro someterá á asemblea xeral ordinaria un balance de situación e as contas de ingresos e gastos, memoria económica, así como o orzamento para a tempada seguinte, balance e orzamento que deberá ser notificado á Secretaria Xeral para o Deporte.

Non poderá aprobarse un orzamento deficitario salvo autorización da Secretaría Xeral para o Deporte.

Tampouco poderán repartirse beneficios entre os seus membros.

Artigo 67º

A FGSS ten o seu propio réxime de administración e xestión de orzamentos e patrimonios, séndolles de aplicación, en todo caso, as seguintes regras:

a) Poden promover e organizar actividades e competicións deportivas dirixidas ó público e deben aplica-los beneficios económicos, se os houbese, ó desenvolvemento do seu obxecto social.

b) Poden gravar e allea-los seus bens inmobles, tomar diñeiro en préstamo e emitir títulos representativos da débeda ou da parte alícuota patrimonial, sempre que os ditos negocios xurídicos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da entidade ou do seu obxecto social. En todo caso, cando a súa contía supere o 25% do orzarnento anual da federación, ademais do acordo da asemblea xeral será imprescindible informe favorable da Secretaría Xeral para o Deporte.

Cando se trate de bens inmobles que fosen financiados en todo ou en parte, con fondos públicos da Comunidade Autónoma galega, será preceptiva a autorización da Secretaria Xeral para o Deporte para o seu gravame ou alleamento.

c) Poden exercer, complementariamente, actividades de carácter industrial, comercial, profesional ou de servicios e destina-los seus bens e recursos os mesmos obxectivos deportivos, pero en ningún caso poderán repartir beneficios entre os seus membros.

d) Non poderán comprometer gastos de carácter plurianual, no seu período de mandato, sen autorización previa da Secretaria Xeral para o Deporte, cando o gasto anual comprometido supere o 10% do seu orzamento ou supere o período de mandato do presidente.

Artigo 68º

A FGSS elaborará unha memoria na que se incluirá a liquidación do orzamento que analizará fielmente a actividade económica da federación, a súa adecuada actuación orzamentaria, o cumprimento dos obxectivos e os proxectos que se pretenden desenvolver, e informar separadamente como mínimo sobre os seguintes aspectos:

1. Diferenciación dos ingresos e achegas segundo:

a) Subvencións públicas.

b) Subvencións, donativos ou achegas privadas.

G) Vendas e activos.

d) ingresos procedentes de competicións organizadas.

e) Ingresos para servicios prestados pola federación, permisos, 1icencias e outros.

f) Ingresos financeiros.

2. Tamén constará o destino da totalidade dos recursos, distinguindo como mínimo os grupos de custo ou investimentos seguintes:

a) Administración da federación.

b) Dirección e servicios da directiva, incluíndo viaxes.

c) Competicións.

d) Axudas a clubs e outras entidades.

e) Axudas para actos deportivos.

f) Construccións e outros inmobilizados.

g) Formación de deportistas e técnicos.

h) Deportes de élite e profesional.

i) Xuíces e xurados.

j) Órganos xurisdiccionais.

3. 0 importe das obrigas de pagamento que é necesario satisfacer noutros exercicios que non estean previstos no balance.

4. 0 importe das garantías e os avais comprometidos.

5. A liquidación do orzamento que explique as variacións en relación co orzamento aprobado na asemblea xeral anterior.

As contas anuais e os orzamentos estarán no domicilio social da federación cunha antelación mínima de 15 días á data de celebración da asemblea xeral, á disposición das persoas ou entidades con dereito a voto nela, as cales poderán pedir copia que se lles entregará antes da celebración da asemblea.

Artigo 69º

Constitúen os ingresos da federación:

a) As subvencións ordinarias e extraordinarias da Xunta de Galicia ou as que outras entidades públicas poidan concederlle, así como as provenientes, se é o caso, da Federación Española de Salvamento y Socorrismo.

b) Os bens ou dereitos que reciba por herdanza, legado ou doazón de persoas fisicas ou entidades particulares, así como os premios que lle sexan outorgados.

c) As cotas dos seus afiliados.

d) As sancións pecuniarias que lles impoñan os seus afiliados dentro do exercicio da potestade disciplinaria.

e) Os froltos, rendas e xuros dos seus bens patrimoniais.

f) Os préstamos ou créditos que lle concedan.

g) Os beneficios que produzan as actividades e competicións deportivas que organice, así como os derivados dos contratos que realice.

h) Calquera outro que poida serlle atribuído por disposición legal ou en virtude de convenio.

1. A FGSS destinará a totalidade dos seus ingresos e patrimonio á consecución dos fins do seu obxecto social.

Artigo 70º

A xestión económica ordinaria será por conta do tesoureiro, baixo a dirección do presidente, cuidando das operacións de cobramentos e pagamentos. Autorizará coa súa sinatura, mancomunada coa do presidente ou do vicepresidente autorizado tódolos documentos de movementos de fondos. Será responsable de levanza e custodia dos libros de contabilidades. Formulará os balances que anualmente, deberán presentarse á asemblea xeral para a súa aprobación.

TÍTULO VII

Réxime documental

Artigo 71º

O réxime documental da federación comprenderá, como mínimo, os seguintes libros debidamente dilixenciados:

a) Libro de rexistro de entrada e saída de documentos oficiais.

b) Libro de rexistro de clubs nos que constarán a denominación destes, domicilio social e número de inscrición no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

c) Libros de actas que consignarán as reunións que celebren tódolos órganos da federación, tanto de goberno e representación como complementarios e técnicos.

d) Libro de contabilidade.

e) Libro inventario de bens mobles e inmobles.

f) Rexistro dos membros da asemblea xeral e da comisión delegada no que deberán consta-los nomes dos titulares ou representantes legais e os domicilios para as citacións e comunicacións.

Artigo 72º

O réxime documental da FGSS estará a cargo do secretario a quen lle corresponde a custodia dos libros da federación, levantar actas das reunións dos órganos colexiados e, unha vez aprobadas, asinalas co visto e prace do presidente, expedir certificación, remití-las certificacións e acordes que procedan á Secretaría Xeral para o Deporte e, en xeral, prepara-la resolución e despacho de tódolos asuntos.

No caso de ausencia ou imposibilidade física do secretario, as funcións serán desempeñadas polo propio presidente da federación ou pola persoa en quen delegue.

TÍTULO VIII

Réxime disciplinario e xurisdiccional

Artigo 73º

A federación, en materia de disciplina deportiva, ten potestade sobre tódalas persoas que formen parte da súa estructura orgánica, as entidades deportivas e os seus deportistas, técnicos e directivos, os xuíces e xurados e, en xeral, todas aquelas persoas e enti

dades que, estando federados, desenvolvan as actividades deportivas que constitúen o seu obxecto social no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega.

Artigo 74º

Os órganos competentes en materia disciplinaria serán:

a) En primeira instancia, un comité de competición ou xuíz único.

b) En segunda instancia, un comité de apelación.

1. Ámbolos órganos se rexerán por e aplicarán o disposto no Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva.

O comité de competición ou xuíz único de competición estará integrado por un número de membros entre 1 e 3, nomeados pola asemblea xeral de entre os membros da federación. O comité de apelación estará integrado por 3 membros, así mesmo nomeados pola asemblea xeral entre os membros da federación.

2. A duración do cargo coincidirá co da asemblea xeral que os nomease e durante o dito período só cesarán por renuncia ou demisión, falecemento, incapacidade fisica ou psíquica, perda da condición de membros da federación e sanción que inhabilite para o cargo.

3. Unha vez elixidos os membros dos comités, estas designarán os seus presidentes nas primeiras reunións que se celebren.

4. A composición destes comités será comunicada á Secretaría Xeral para o Deporte na forma prevista nestes estatutos.

Artigo 75º

As resolucións dictadas polo comité de apelación dentro das súas competencias, terán carácter definitivo no ámbito da FGSS e poderán ser obxecto de recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva conforme a lexislación vixente.

TÍTULO IX

Da modificación dos estatutos e da disolución da FGSS

Artigo 76º

Os estatutos da federación só poden ser modificados pola asemblea xeral e de acordo co establecido nos presentes estatutos.

Artigo 77º

A proposta de modificación dos estatutos deberá ser acordada polo presidente ou a comisión delegada da asemblea xeral, nomeándose seguidamente por ela unha comisión técnica que realice os traballos necesarios para presentar á asemblea xeral o novo texto que se someterá a aprobación.

Aprobada a reforma dos estatutos pola asemblea xeral, deberá ser ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 78º

A FGSS extinguirase polas seguintes causas:

a) Por acorde da maioría de 2/3 da asemblea xeral referendando, por maioría absoluta, por tódolos membros da federación a través de votación libre, igual, directa e secreta, e ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

b) Polas demais causas que determinen as leis.

Unha vez producida a liquidación, o patrimonio neto destinarase os fins de carácter deportivo que determina a Secretaría Xeral para o Deporte.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os presentes estatutos serán de inmediata aplicación, unha vez aprobados pola asemblea xeral da FGSS e ratificados pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Segunda.-O presente texto unha vez aprobado pola Secretaría Xeral para o Deporte será publicado no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Unha vez aprobados os presentes estatutos, quedarán sen valor e efecto ningún, os estatutos anteriores, así como cantos regulamentos, normas e acordos se opoñan.

2629