Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 17 de abril de 1997 Páx. 3.596

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de marzo de 1997 pola que se aproban as bases reguladoras de concesión de axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios e a convocatoria para solicita-las ditas axudas.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro (BOE do 19 xaneiro de 1988, DOG do 17 de febreiro de 1988), transferiulle á Comunidade Autónoma competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola Comunidade Autónoma e asignadas á Consellería de Educación

no Decreto 62/1988, do 17 de marzo (DOG do 8 de abril). A Lei 11/1989, do 20 de xullo (DOG do 16 de agosto), de ordenación do sistema universitario de Galicia, determina a constitución do sistema universitario de Galicia con tres universidades: a Universidade da Coruña, a de Santiago de Compostela e a de Vigo.

Para garanti-lo desenvolvemento do sistema universitario de Galicia, a Xunta de Galicia elaborou un Plan de Financiamento que foi aprobado pola Comisión 3ª de Economía, Facenda e Presupostos, do Parlamento de Galicia, o día 17 de outubro de 1989, establecéndose, no apartado 5 do dito plan, unha partida de axudas para os alumnos galegos. O dito plan rematou no ano 1996, pero co fin de manter e consolida-lo nivel de calidade acadado no sistema universitario de Galicia, a Xunta de Galicia incluíu nos orzamentos de 1997 unha partida orzamentaria destinada, ó igual que nos exercicios precedentes, a accións de apoio económico ós estudiantes universitarios.

A consellería está a levar adiante unha política de asistencia económica ós estudiantes que queda concretada en diversas accións, co obxecto de favorecer, dentro das limitacións orzamentarias, a calidade, a competencia, a igualdade de oportunidades e a excelencia no rendemento académico.

Por esta orde, procédese a convoca-las accións referentes ás asociacións de estudiantes, á mobilidade estudiantil, a favorecer novas oportunidades de formación e á incentivación do rendemento escolar.

Cómpre subliñar que estas accións, agás as destinadas ós galegos que residan fóra de Galicia e ós seus descendentes que queiran vir ou estean xa a cursar estudios universitarios en Galicia, non son incompatibles coas accións do MEC, senón que nalgúns casos son complementarias entre si e desempeñan unha función moi peculiar dentro do sistema de axudas ó estudio. As accións complementarias cobren un ámbito de actuación común coas convocatorias de carácter nacional e un ámbito propio; nalgúns casos, e polas súas propias bases permiten aumenta-la cantidade da axuda que recibe o solicitante por parte do MEC, e noutros permiten o aumento do número de solicitantes financiados, ou a posta en marcha de novas axudas para novos solicitantes.

Por outra banda, o feito de estar a falar, nalgún caso, de accións complementarias, supón un condicionamento nas datas de convocatoria, pois esas accións han de supeditarse, nese caso, ás resolucións polas que se adxudican as bolsas de carácter nacional que complementan.

Este condicionamento aconsella que se convoque unha acción complementaria ás bolsas do MEC dirixida a estudiantes con residencia en Galicia pero

que realizan estudios de carácter oficial e validez nacional nas universidades públicas de fóra de Galicia.

A experiencia de anos anteriores respecto das listas de bolseiros Erasmus presentados polas universidades, as suxestións feitas pola comisión avaliadora e as universidades, e a confirmación de que a Unión Europea porá en marcha, un novo programa que combina o mellor de Erasmus e de Lingua baixo o nome de Sócrates aconsella amplia-las condicións de solicitude.

Polo que antecede, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

Convocar bolsas e axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios matriculados nunha das tres universidades galegas durante o curso 96/97, así como para os estudiantes galegos que cursen estudios de carácter oficial e validez nacional nas universidades públicas de fóra de Galicia e no territorio español nos supostos recollidos na presente convocatoria, e bolsas de residencia destinadas ós galegos que residan fóra de Galicia e ós seus descendentes que queiran cursar estudios universitarios nunha das tres universidades galegas no curso 97-98. Tamén se aproban as bases polas que se rexerán as que están incluídas como anexo na presente orde, e que son:

1. Axudas a asociacións de estudiantes das universidades galegas. (Anexo I)

2. Axudas a estudiantes das universidades galegas para a realización de viaxes culturais de carácter pedagóxico. (Anexo II)

3. Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para alumnos universitarios que rematen os estudios no ano 1997. (Anexo III)

4. Axudas complementarias ás bolsas de carácter xeral de estudios universitarios convocadas polo MEC (curso 1996-1997) dirixidas a estudiantes con residencia en Galicia pero que realizan estudios de carácter oficial e validez nacional nas universidades públicas de fóra de Galicia. (Anexo IV)

5. Axudas de desprazamento para a realización de prácticas recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás titulacións universitarias autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades galegas. (Anexo V)

6. Financiamento de viaxes para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea co obxecto de coñece-la lingua dese país. (Anexo VI)

7. Axudas complementarias do programa de acción da Unión Europea de mobilidade de estudiantes (Sócrates-Erasmus). (Anexo VII)

8. Bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo, no curso

97-98, en centros da Comunidade Autónoma destinadas ós galegos que residan fóra de Galicia e ós seus descendentes. (Anexo VIII)

Artigo 2º

A interpretación das convocatorias, das súas bases e de todos cantos actos administrativos se deriven delas, ateranse ó establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para aqueles casos que dean lugar a recurso.

Artigo 3º

A resolución de tódalas convocatorias desta orde farase por medio dunha comisión nomeada para o efecto, que terá dereito á percepción de asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións conforme o Decreto 299/1990, do 24 de maio, modificado, en parte, polo Decreto 21/1994, do 4 de febreiro, sobre indemnizacións por razóns de servicio ó persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Artigo 4º

Para a concesión das axudas convocadas no anexo I da presente orde destinarase a cantidade total de oito millóns de pesetas con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.322C.482.0, e para as axudas convocadas nos anexos II, III, IV, VI, VII e VIII da presente orde destinarase a cantidade total de noventa e nove millóns de pesetas con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.322C.483.0 e cinco millóns de pesetas para as axudas convocadas no anexo V que serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.322C.441.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997. Nembargantes as cantidades antes citadas poderanse incrementar ou diminuír ata un máximo dun 20% en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Artigo 5º

Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de catro meses, contados a partir do día seguinte ó do remate do prazo concedido para a presentación de solicitudes, de conformidade co establecido no Decreto 267/1994, do 29 de xullo (DOG do 26 de agosto de 1994), polo que se aproba a relación de procedementos iniciados a solicitude dos interesados, dos que sexa competente para resolve-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos que a falta de resolución expresa da Administración produce efectos desestimatorios ou estimatorios.

Artigo 6º

A determinación da contía correspondente a cada unha das accións desta orde farase tendo en conta o teito orzamentario, o número de accións convo

cadas, e as previsións de solicitudes axustadas ós obxectivos de cada acción.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

AXUDAS A ASOCIACIÓNS DE ESTUDIANTES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS

A Lei de reforma universitaria, no seu artigo 27.5º, recoñécelles ós estudiantes o dereito pleno á asociación no ámbito universitario.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria considerou conveniente estimula-lo asociacionismo universitario e as actividades de carácter informativo e científico dos estudiantes deste nivel do ensino como un modo de potencia-lo dinamismo da universidade.

En consecuencia, co fin de poñer en práctica esta tarefa, dentro das dispoñibilidades orzamentarias e tendo en conta as experiencias das convocatorias pasadas, convócase concurso público para a concesión de axudas ás asociacións estudiantís universitarias de Galicia co obxecto de financiarlles durante o ano 1997 unha axuda para algunha das seguintes catro modalidades:

a) Fomenta-las actividades de carácter científico e informativo, así como as de formación e mellora das condicións de estudio.

b) Subvenciona-la organización e a asistencia a congresos científicos, certames e reunións de estudiantes.

c) Fomenta-los servicios de axuda e información ós estudiantes en temas de ámbito académico.

d) Fomenta-las actividades universitarias que faciliten información e favorezan a relación dos estudiantes co mundo do traballo e co primeiro emprego.

Bases da convocatoria

1. Requisitos dos solicitantes.

1.1. Poderán pedi-la axuda obxecto desta convocatoria as asociacións de estudiantes universitarios matriculados durante o curso 1996-1997 nunha das tres universidades do sistema universitario de Galicia, que estean legalmente recoñecidas.

1.2. Non se poderán solicitar axudas para levar a cabo actividades que teñan finalidade política, sindical, deportiva ou lucrativa, ou que teñan como obxectivo viaxes turísticas ou calquera outra actividade distinta das catro modalidades indicadas anteriormente.

2. Solicitudes e documentación.

As solicitudes formalizaranse por medio de instancia segundo o modelo ED403A, asinada polo presidente ou representante legal da asociación e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Datos de identidade da asociación e do seu presidente ou representante legal.

b) Certificación da súa condición de asociación legalizada.

c) Estatutos da asociación, só no caso de que non se presentase solicitude de axuda en convocatorias anteriores ou haxa algunha modificación dos estatutos presentados con anterioridade noutras convocatorias.

d) Cotas e número de estudiantes asociados.

e) Programa de actividades do presente curso.

f) Informe, de catro folios como máximo, no que debe incluírse xustificación, interese, obxectivos e alcance da actividade, data de realización e orzamento detallado de ingresos e gastos que comporta.

No caso de solicita-la axuda por vez primeira ou no caso de que non se lle tivera concedida na convocatoria anterior, deberán acompaña-la solicitude dunha memoria na que quede constancia das actividades desenvolvidas pola asociación no curso anterior á convocatoria.

g) Certificación facilitada pola entidade bancaria a nome da asociación e dos seus representantes legais, na que conste o código conta cliente comprensivo dos códigos que identifican o banco, a oficina, o díxito de control e o número de conta.

3. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude xunto co resto da documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo, San Caetano, s/n 15704 Santiago de Compostela), sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

4. Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e, exporá as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, e dos vicerrec

torados de estudiantes das tres universidades de Galicia, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días, contados a partir do 19 de xuño, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A selección farase tendo en conta a adecuación entre a solicitude e a modalidade da acción que se vai financiar.

6. Contía.

A cantidade máxima da axuda concedida a cada asociación non poderá exceder de 415.000 pesetas.

7. Período de desfrute.

As actividades que se subvencionan nesta convocatoria levaranse a cabo no período comprendido entre o día 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 1997. Non se financiaran accións fóra do prazo establecido no parágrafo anterior e tampouco accións que xa foron financiadas na convocatoria anterior.

8. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días. Unha vez transcorrido ese prazo, a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, para que resolva.

9. Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109.c da Lei 30/1992.

Nos 15 días seguintes ó da publicación da resolución de concesión, o presidente ou representante legal da asociación deberá entregar na Dirección Xeral de Universidades e Investigación, unha memoria na que consten os seguintes apartados:

a) Descrición das actividades realizadas.

b) Resumo económico acompañado das facturas orixinais, no que se expliquen os gastos realizados con cargo á axuda percibida.

Para os efectos de cobramento, o presidente ou representante legal da asociación de estudiantes será a persoa responsable ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, asinará a solicitude e asumirá tódalas responsabilidades do destino da axuda.

A axuda aboarase na conta bancaria indicada pola asociación interesada unha vez presentados os documentos anteriormente citados. Así mesmo, se estes non se presentan no prazo sinalado entenderase que renuncian a ela.

A asociación beneficiaria fará consta-la colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia nas actividades subvencionadas.

10. Revogación.

Esta consellería reserva para si, así mesmo, o dereito de reclama-lo importe da axuda, por incumprimento das bases deste anexo.

11. Aceptación da axuda.

Farase mediante documento asinado polo presidente ou representante legal da asociación de estudiantes no que se compromete a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases.

ANEXO II

AXUDAS A ESTUDIANTES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS PARA A REALIZACIÓN DE VIAXES CULTURAIS DE CARÁCTER PEDAGÓXICO

Unha das características que máis se percibe no estudiantado universitario e na sociedade en xeral respecto da universidade é a vocación universalista do saber e a procura de lazos e vieiros de comunicación interuniversitarias de carácter nacional e internacional.

O Goberno de Galicia ten previstas estas dúas esixencias no programa de apoio á formación do persoal investigador a nivel de posgrao. Así mesmo, para alumnos de pregrao estase a considerar esta mesma acción baixo a modalidade de aprendizaxe da segunda lingua e tamén para a mobilidade dos estudiantes de forma individual, e en estadías regradas que conducen á obtención de titulacións oficiais.

Por outra banda, a ninguén se lle oculta que o estudiante vive academicamente no grupo de clase e as experiencias participativas nel contribúen de forma inequívoca a fixar aprendizaxes. Deste xeito o Goberno de Galicia quere contribuír ás posibilidades de intercambio cultural e de apertura a outras realidades dos estudiantes como grupo de clase, que conviven durante a súa carreira destacando especialmente o remate da mesma.

Así pois, o obxecto desta acción é o establecemento de axudas económicas destinadas a estudiantes das universidades galegas que queiran realizar viaxes culturais de carácter pedagóxico.

Estas axudas serán compatibles con calquera outra que lles puidese corresponder ós interesados.

Bases da convocatoria

1. Requisitos dos solicitantes:

1.1. Poderán solicitar estas axudas grupos de estudiantes universitarios de facultades, escolas universitarias ou escolas técnicas superiores de calquera das tres universidades da Comunidade Autónoma: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, que estean matriculados no derradeiro ou no penúltimo curso dos seus estudios e teñan programada a realización, como grupo, dunha viaxe conectada realmente cos devanditos estudios.

1.2. En ningún caso se poderá conceder máis dunha axuda por facultade, escola universitaria ou escola técnica superior, para cada unha das titulacións que teña albergadas como efectivos estudios autorizados ese centro, con carácter oficial e validez nacional.

1.3. Para os efectos de solicita-la axuda, o grupo de que se trate deberá designar un coordinador.

1.4. Para os efectos da axuda, e tendo en conta as características dos plans de estudios reformados e a liberdade de progreso que outorgan, o grupo deberá estar constituído, polo menos, por 10 estudiantes que estean no derradeiro ou no penúltimo curso dos seus estudios universitarios no ano académico 1996/1997.

2. Solicitudes e documentación.

As solicitudes formalizaranse por medio de instancia segundo o modelo ED418A, asinada polo coordinador do grupo e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Breve memoria, de dous folios como máximo, do obxecto da viaxe. Nesta memoria especificarase a relación real da viaxe coa carreira estudiada.

b) Certificación expedida pola secretaría da facultade, escola técnica superior ou escola universitaria de que os alumnos que compoñen o grupo solicitante están matriculados, no curso 1996/1997, no derradeiro ou no penúltimo ano de carreira.

c) Certificación facilitada pola entidade bancaria a nome do coordinador do grupo, na que conste o código conta cliente comprensivo dos códigos que identifican ó banco, a oficina, o díxito de control e o número de conta.

3. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude xunto co resto da documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo s/n, San Caetano, 15704 Santiago de Compostela), sendo, en todo caso, de aplicación, o disposto no artigo 38.4º Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para presentación de instancias.

4. Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporá as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días, contados a partir do 19 de xuño, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A selección farase tendo en conta a relación real das actividades que se vaian realizar nas viaxes cos estudios cursados polos compoñentes do grupo.

6. Contía.

Tendo en conta o teito orzamentario establecido nesta orde, a contía dedicada a esta acción será fixada en función do número de solicitudes e da adecuación destas ós obxectivos da convocatoria, así como das previsións que correspondan ás demais accións convocadas pola mesma orde. As axudas comprenderán unha dotación económica destinada a sufragar parte dos gastos do desprazamento ata o lugar de destino e como máximo será de 20.000 ptas. por alumno.

7. Período de desfrute.

A viaxe deberá realizarse no período comprendido entre o día 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 1997. Non se financiarán viaxes fóra do prazo establecido no parágrafo anterior e tampouco viaxes que xa foron financiadas na convocatoria anterior.

8. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días. Unha vez transcorrido ese prazo, a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

9. Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109.c da Lei 30/1992.

Nos 15 días seguintes ó da publicación da resolución de concesión, o coordinador do grupo deberá entregar na Dirección Xeral de Universidades e Investigación un informe cun máximo de 4 páxinas no que se acreditará o cumprimento na viaxe do establecido para a percepción da axuda e un resumo económico acompañado das facturas orixinais, no que se expliquen os gastos realizados con cargo á axuda percibida.

Para os efectos de cobramento, o coordinador será a persoa responsable ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, asinará a solicitude e asumirá tódalas responsabilidades do destino da axuda.

A axuda aboarase na conta bancaria indicada polo coordinador do grupo unha vez presentados os documentos anteriormente citados. No caso de que non se presenten no prazo sinalado entenderase que renuncian a ela.

A interrupción ou aprazamento da viaxe terán que ser comunicados a esta dirección xeral.

10. Revogación.

Esta consellería reserva para si o dereito de poder reclama-lo importe da axuda por incumprimento das bases deste anexo.

11. Aceptación da axuda.

Farase mediante documento asinado polo coordinador do grupo, no que se compromete a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases.

ANEXO III

PREMIOS FIN DE CARREIRA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA ALUMNOS UNIVERSITARIOS QUE REMATEN OS ESTUDIOS NO ANO 1997

O obxecto desta acción é facer un recoñecemento expreso á excelencia académica daqueles estudiantes universitarios de centros pertencentes a algunha das tres universidades da Comunidade Autónoma galega (facultades, escolas técnicas superiores ou escolas universitarias) que rematen os seus estudios no curso 1996-1997.

Bases da convocatoria

1. Requisitos dos solicitantes.

-Posuí-la nacionalidade española.

-Ter unha puntuación media no seu expediente académico superior a 2,7 puntos, para alumnos de facultades e escolas universitarias, e a 2 puntos, para alumnos de escolas universitarias técnicas e escolas técnicas superiores.

-Ter rematada a carreira no ano 1997. Para estes efectos considerase que remataron a súa carreira no ano 1997 os alumnos que, nas convocatorias de febreiro, xuño ou setembro de 1997, cumprisen os requisitos académicos necesarios para a obtención do título de que se trate.

-Estar matriculado no curso 1996-1997, en calquera das universidades desta Comunidade Autónoma: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, cursando os estudios regrados do título ó que se presenta como candidato ó Premio Fin de Carreira.

2. Solicitudes e documentación.

Cada solicitude presentarase por medio de instancia segundo o modelo oficial ED415A, e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI e NIF do solicitante.

b) Certificación académica con especificación das convocatorias ou copia compulsada dela. En caso de validacións deberá presentarse tamén a certificación da institución de orixe.

Os que acceden ó segundo ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por teren realizado o primeiro ciclo dalgunha titulación

que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico, deberán achegar, ademais da certificación correspondente ó curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

c) Breve currículum vitae no que se indiquen se é o caso, os premios, bolsas, etc., que lle foran concedidos e outros méritos que queiran alegar, acompañados da documentación correspondente.

d) Certificado facilitado pola entidade bancaria a nome do interesado, no que conste o código conta cliente comprensivo dos códigos que identifican o banco, a oficina, o díxito de control e o número de conta.

3. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará desde o día seguinte ó da publicación da orde e rematará o día 31 de outubro de 1997.

A solicitude xunto coa documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo, San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), sendo, en todo caso, de aplicación, o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para presentación de instancias.

4. Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días contados desde o 12 de novembro, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral,

o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

Os alumnos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Para estes efectos a valoración da nota media do expediente académico calcularase de acordo co seguinte baremo:

Matrícula de honra: 4 puntos.

Sobresaliente: 3 puntos.

Notable: 2 puntos.

Aprobado: 1 punto.

Segundo o plan de estudios que se cursase, esta nota media calcularase do modo que sigue:

a) Estudios organizados por materias:

Media = suma de notas de cada materia / nº total de convocatorias empregadas.

b) Plans de estudios estructurados por créditos:

Media = (N1.P1+N2.P2+......) / (C1.N1+C2.N2+.....)

Onde:

Ni = nº de créditos de cada materia.

Pi = puntuación de cada materia.

Ci = nº de convocatorias empregadas en cada materia.

A comisión avaliadora poderá ter tamén en conta, para matiza-la proposta, o currículum vitae dos solicitantes e os méritos acreditados.

Naqueles casos en que a comisión avaliadora o estime oportuno poderá propoñe-la concesión de accésit (sen dotación económica), ou deixa-lo premio deserto.

6. Contía.

Concederase un premio ó mellor expediente académico por cada carreira cursada en escolas universitarias, facultades ou seccións, se é o caso, ou escolas técnicas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os que resultasen premiados recibirán:

-Un diploma acreditativo desta distinción.

-Unha aportación en metálico de 360.000 pesetas.

7. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días. Unha vez transcorrido ese prazo, a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universi

dades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, para que resolva.

8. Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109.c da Lei 30/1992.

O pagamento farase na conta bancaria indicada polo interesado.

9. Revogación.

Esta consellería resérvase, así mesmo, o dereito de reclama-lo importe da axuda, por incumprimento das bases deste anexo.

ANEXO IV

AXUDAS COMPLEMENTARIAS ÁS BOLSAS DE CARÁCTER XERAL DE ESTUDIOS UNIVERSITARIOS CONVOCADAS POLO MEC (CURSO 1996-1997) DIRIXIDAS A ESTUDIANTES CON RESIDENCIA EN GALICIA PERO QUE REALIZAN ESTUDIOS DE CARÁCTER OFICIAL E VALIDEZ NACIONAL NAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE FÓRA DE GALICIA.

Bases da convocatoria

1. Requisitos dos solicitantes.

Poderán solicitar estas bolsas complementarias tódolos alumnos universitarios con residencia familiar en Galicia, que cursen estudios en universidades públicas de fóra de Galicia durante o curso 1996-1997, nunha titulación ou especialidade recoñecida desa titulación de carácter oficial e validez nacional que non sexa impartida nalgunha das universidades desta Comunidade Autónoma, ou que veñan cursando eses estudios con continuidade noutra universidade pública de fóra de Galicia desde antes de que se comezara a impartición deles na Comunidade, e teñan, ademais, en ámbolos dous supostos, concedida unha bolsa de estudios do MEC convocadas para o curso 1996-1997 por Orde do 30 de xuño de 1996, (BOE do 16 de xullo de 1996).

2. Solicitudes e documentación.

As solicitudes formalizaranse por medio de instancia segundo o modelo ED424A, asinado polo interesado, polos pais ou titores legais del. Neste último caso acreditarase a relación co posible beneficiario da axuda.

Cada solicitude acompañarase da seguinte documentación:

a) Copia do DNI e do NIF do solicitante.

b) Documento acreditativo de estar censado en Galicia.

c) Certificado municipal de convivencia.

d) Fotocopia completa cotexada da declaración da renda das persoas físicas referida ó exercicio do ano 1995, dos membros que constitúen a unidade familiar a que pertence o/a solicitante, xunto coa

folla de liquidación do ingreso selado pola entidade bancaria ou delegación de Facenda na que foi presentada. No caso de existir ingresos non suxeitos á declaración ante Facenda, deberán facerse constar, expresamente no impreso de solicitude.

e) Credencial de bolseiro do MEC no curso 1996/1997.

f) Certificación académica ou fotocopia compulsada dela, con especificación das convocatorias.

No caso de validación deberá presentar tamén a certificación da institución de orixe.

-No suposto dos alumnos que acceden ó primeiro curso nas facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias a través do COU e das PAAU, deberán presenta-lo certificado da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) conforme é considerado apto para o ingreso na universidade. Así mesmo, para os titulados de FP II e módulos de nivel III que soliciten o ingreso nos estudios ou nas titulacións de primeiro ciclo ás que lle dá acceso a súa titulación, deberán presenta-la nota media de acceso.

g) Certificado de matrícula da universidade de fóra da Comunidade Autónoma con especificación dos estudios nos que está matriculado no curso 1996-1997. No caso da UNED deberá especificarse o centro asociado de fóra de Galicia no que estea integrado o solicitante e cumpri-los demais requisitos.

h) Certificado facilitado pola entidade bancaria a nome do interesado, no que conste o código conta cliente comprensivo dos códigos que identifican ó banco, a oficina, o díxito de control e o número de conta.

3. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo, San Caetano, 15704 Santiago de Compostela), sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

4. Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, e dos vicerrectorados de estudiantes das tres

universidades de Galicia, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días contados desde o 19 de xuño, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A selección farase ordenando tódalas solicitudes que cumpran os requisitos en función do módulo económico por persoa e, en caso de empate, por expediente académico.

A adxudicación das bolsas farase segundo a ordenación establecida e empezando polas rendas máis baixas, ata onde o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

6. Contía.

Convócanse un máximo de 35 bolsas. A contía delas determinarase en función da área xeográfica na que estea situado o centro universitario onde realiza os seus estudios, de acordo coa seguinte estructuración:

Área xeográfica A: abrangue as comunidades autónomas de Asturias, Castela-León e Cantabria. (Contía: 57.000 pesetas).

Área xeográfica B: abrangue as comunidades autónomas de Euskadi, Navarra, Aragón, A Rioxa, Madrid, Castela-A Mancha e Estremadura. (Contía: 67.000 pesetas).

Área xeográfica C: abrangue as comunidades autónomas de Andalucía, Murcia, C. Valenciana, Cataluña e Illas Baleares. (Contía: 88.000 pesetas).

Área xeográfica D: abrangue a Comunidade Canaria. (Contía: 124.000 pesetas).

7. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG.

Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días. Unha vez transcorrido ese prazo, a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

8. Publicación da resolución da concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992.

As axudas pagaranse na conta bancaria indicada polo interesado.

9. Revogación da bolsa.

Dado que para a concesión desta bolsa se está a utiliza-la credencial que testifica oficialmente a concesión ó alumno dunha bolsa da convocatoria xeral do MEC, a axuda complementaria que concede a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, estará sometida á revogación que, se é o caso, puidese derivarse da bolsa do MEC e, polo tanto, para a revogación teranse en conta as directrices normativas desta convocatoria e as que lle sexan de aplicación da correspondente orde de convocatoria do MEC.

ANEXO V

AXUDAS DE DESPRAZAMENTO PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS RECOÑECIDAS NOS PLANS DE ESTUDIOS CORRESPONDENTES ÁS TITULACIÓNS AUTORIZADAS POLA XUNTA DE GALICIA NAS UNIVERSIDADES GALEGAS

Bases da convocatoria

1. Requisitos dos solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas os decanos ou directores de centros universitarios das tres universidades galegas: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, que teñan recollidas nos plans de estudios das titulacións autorizadas e impartidas no seu centro, como mínimo un 20% de horas prácticas que deben realiza-los alumnos. Para estes efectos, os plans de estudios deberán de estar vixentes.

Igualmente, poderán solicitar estas axudas os decanos e directores de centros cando se trate de prácticas institucionais recoñecidas polo órgano colexiado correspondente (xunta de sección ou xunta de facultade), aínda que non estean no plan de estudios homologado.

2. Solicitudes e documentación.

As solicitudes formalizaranse por medio de instancia segundo o modelo ED425A, asinada polo

decano ou director do centro do que se trate e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Certificado, de se-lo caso, expedido polo secretario da facultade, escola técnica superior, escola universitaria ou da xunta de sección do acordo polo que se autorizan as prácticas institucionais que non estean nos plans de estudios homologados.

b) Memoria breve, cun máximo de dous folios, na que se indique o tipo de prácticas que se vaian realizar, a súa importancia na formación dos alumnos, o lugar onde se realizarían e unha estimación dos custos para os que se solicita a axuda, así como a especificación do período de tempo (inicio e remate) de realización das prácticas.

c) Certificado facilitado pola entidade bancaria a nome do centro universitario solicitante, no que conste o código conta cliente comprensivo dos códigos que identifican o banco, a oficina, o díxito de control e o número de conta.

3. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, (edificio administrativo, San Caetano, s/n. 15704, Santiago de Compostela), sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para presentación de instancias.

4. Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días contados desde o 19 de xuño, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A selección farase tendo en conta o interese das prácticas e a distancia quilométrica desde o centro universitario ata o lugar onde se realicen as prácticas.

6. Contido das axudas.

As axudas destinaranse a cubri-los gastos de desprazamento e material funxible que sexa obrigado para a realización de prácticas, sempre que estas esixan o desprazamento dos alumnos e, se é o caso, de profesores, fóra da cidade onde está situado o campus.

7. Número e contía das axudas.

A contía das axudas será repartida en subvencións individualizadas por centros para cada titulación que se solicite, non podendo superar en ningún caso cada subvención individualizada o teito de 310.000 ptas. (trescentas dez mil pesetas)

8. Período de desfrute.

As axudas concedidas ó abeiro desta orde terán que executarse dentro do período comprendido entre o día 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 1997, agás as correspondentes ás titulacións de Mariña Civil, que, en función da dispoñibilidade dos barcos nos que se leven a cabo as prácticas, poderán realizarse ata o 30 de novembro de 1997.

Non se financiarán prácticas fóra do prazo establecido no parágrafo anterior e tampouco prácticas que xa foron financiadas na anterior convocatoria.

9. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días. Unha vez transcorrido este prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, para que resolva.

10. Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992.

Nos 15 días seguintes ó da publicación da resolución de concesión o decano, director do centro universitario ou persoa competente deberá entregar na Dirección Xeral de Universidades e Investigación un resumo económico acompañado das facturas orixinais, no que se expliquen os gastos realizados con cargo á axuda percibida.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada polo centro universitario unha vez presentados os documentos anteriormente citados. Así mesmo, se estes non se presentan no prazo sinalado entenderase que renuncian á axuda.

11. Revogación.

Esta consellería reserva para si o dereito de reclama-lo importe da axuda por incumprimento das bases desta convocatoria.

ANEXO VI

FINANCIAMENTO DE VIAXES PARA ESTADÍAS NALGÚN ESTADO MEMBRO DA UNIÓN EUROPEA CO OBXECTO DE COÑECE-LA LINGUA DESE PAÍS

Dentro da formación dos universitarios, un dos fundamentos básicos é o coñecemento de linguas que lle permitan o acceso á cultura de distintos países.

É obvio que moi diferentes accións están a fomenta-la aprendizaxe dunha segunda lingua. A nova estructura deseñada pola Lei de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro de 1990) establece como un obxectivo terminal do ensino secundario o dominio da capacidade comprensiva e expresiva nunha lingua estranxeira.

Nembargantes, a experiencia actual do noso sistema universitario permite comprobar que unha boa parte dos nosos licenciados, que obteñen bolsa de investigación para o estranxeiro, dedican os primeiros meses da súa estadía ó fortalecemento das habilidades lingüísticas. Parece, polo tanto, necesario aumenta-lo número de accións, de xeito tal que se ofrezan máis oportunidades de familiarizarse coa lingua estranxeira.

Cómpre engadir ademais que estas accións desenvolven unha función complementaria respecto dun dos retos que xorde coa integración en Europa: o desenvolvemento da dimensión europea do ensino superior tal como foi proposto pola Comisión da Unión Europea no seu memorando sobre o ensino superior. Do que se trata no fondo é de coñece-las linguas da UE comprendendo as peculiaridades étnicas, culturais e sociais de cada país.

Precisamente por iso, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca accións destinadas a sufraga-la viaxe a estudiantes matriculados nunha das tres universidades da Comunidade Autónoma de Galicia que queiran familiarizarse cunha segunda lingua nalgún dos Estados membros da Unión Europea.

Bases da convocatoria

1. Requisitos dos solicitantes.

1.1. Poderán solicitar estas axudas os alumnos universitarios que reúnan os requisitos seguintes:

-Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun dos estados membros da UE.

-Estar matriculado, no curso 1996-1997, en calquera dos centros pertencentes ás universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, cursando estudios regrados de 1º ou 2º ciclo.

-Ter aprobado como mínimo o primeiro curso, con anterioridade á data da orde pola que se convocan estas accións.

-Estar matriculado de tódalas materias dun curso completo, agás unha delas como máximo, nos plans de estudios estructurados por materias; e nos plans de estudios estructurados por créditos estar matriculado, polo menos, en 50 créditos.

-Realizar un curso de idiomas cunha duración igual ou superior a 2 semanas.

1.2. Non se concederán bolsas ós alumnos que:

-Estean desfrutando do Programa Sócrates-Erasmus, sempre e cando a estadía que se pretenda facer sexa para perfecciona-la mesma lingua na que se desenvolve o devandito programa.

-Estean en posesión dun título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto ou estean en condicións legais de obtelos.

2. Solicitudes e documentación.

As solicitudes formalizaranse por medio de instancia segundo o modelo ED416A, asinado polo interesado, polos pais ou titores legais del. Neste último caso deberá acreditarse a relación co posible beneficiario da axuda.

Cada solicitude virá acompañada da seguinte documentación:

a) Copia do DNI e NIF do solicitante.

b) Certificación municipal de convivencia.

c) Copia completa cotexada da declaración da renda das persoas físicas referida ó exercicio do ano 1995, dos membros que constitúen a unidade familiar a que pertence o/a solicitante, xunto coa folla de liquidación do ingreso selado pola entidade bancaria ou delegación de Facenda na que foi presentada. No caso de existir ingresos non suxeitos á declaración ante Facenda, deberán facerse constar expresamente no impreso de solicitude.

d) Certificación académica ou copia compulsada dela con especificación das convocatorias. Así mesmo, especificarase tamén as materias ou créditos no que se atopa matriculado ó alumno no curso 1996/1997.

No caso de validación deberá presentar tamén a certificación da institución de orixe.

e) Resgardo da matrícula correspondente ó curso 1996/1997.

f) Aceptación do centro estranxeiro onde estudiará o solicitante. No suposto de que este se desprace polo sistema de intercambio familiar, a constancia de aceptación pode ser substituída por outra semellante que emitan asociacións ou organizacións recoñecidas.

g) Escrito no que se especifique o período de desprazamento.

h) Certificado facilitado pola entidade bancaria a nome do interesado, na que conste o código conta cliente comprensivo dos códigos que identifican ó banco, a oficina, o díxito de control e o número de conta.

3. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativos, San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para presentación de instancias.

4. Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días contados desde o 19 de xuño, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

Para efectos de selección dos beneficiarios, terase en conta a nota media do expediente académico.

6. Contía.

As axudas comprenderán unha dotación económica para subvenciona-los gastos de desprazamento ó país de destino e poderán acadar unha contía máxima de 310.000 pesetas.

A contía exacta determinarase en función da duración da estadía, do país no que se realice, do expediente académico, e dos ingresos familiares.

7. Período de desfrute.

A totalidade da bolsa deberase desfrutar dentro do período comprendido entre o día 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 1997. Non se financiarán viaxes fóra do prazo establecido no parágrafo anterior e tampouco viaxes que xa foron financiadas na convocatoria anterior.

8. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días. Unha vez transcorrido ese prazo, a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, para que resolva.

9. Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992.

Nos 15 días seguintes, á publicación da resolución de concesión os beneficiarios da axuda deberán remitir á Dirección Xeral de Universidades e Investigación os seguintes documentos:

a) Copia compulsada do certificado de asistencia ó curso no que se especifiquen as datas de realización.

b) Billetes orixinais ou factura na que se especifique o importe dos gastos de locomoción.

O libramento da axuda farase na conta bancaria indicada polo interesado/a unha vez presentados os documentos anteriormente citados. Así mesmo, si estes non se presentan no prazo sinalado entenderase que renuncia á axuda.

A interrupción ou o aprazamento do período de desfrute ten que ser comunicado a esta dirección xeral.

10. Revogación.

Esta consellería resérvase o dereito de reclama-lo importe da axuda, por incumprimento das bases de convocatoria deste anexo.

ANEXO VII

AXUDAS COMPLEMENTARIAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN DA UNIÓN EUROPEA DE MOBILIDADE DE ESTUDIANTES (SÓCRATES-ERASMUS)

O día 15 de xuño de 1987 o Consello da Unión Europea decidiu adapta-lo programa de acción comunitaria en materia de mobilidade de estudiantes (Erasmus) Este programa ten, entre outros, o obxectivo de favorece-la posibilidade de cursar estudios integrados nun dos 15 Estados membros da Unión Europea, así como en Islandia, Liechtenstein e Noruega, adquirindo unha experiencia persoal directa da vida económica e social deses países sen prexudica-lo principio de igualdade de oportunidades.

A mobilidade estudiantil é o obxectivo que mellor acollida obtivo do programa Erasmus e canalizou unha demanda moi alta; é un dato innegable que a solicitude de bolsas é tres veces máis grande co orzamento dispoñible para esta acción. Cómpre dicir polo tanto que unha das conclusións máis evidentes deste programa é a limitación nas súas posibilidades financeiras, pero cómpre dicir tamén que os estudiantes do programa Erasmus son na súa grande maioría excelentes embaixadores do seu propio país por medio dos estudios que realizan, contribuíndo á realización da dimensión europeísta da educación dos nosos estudiantes na Unión Europea.

Precisamente por isto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establece axudas económicas destinadas a estudiantes universitarios da Comunidade Autónoma que teñan concedida unha bolsa do Programa de Acción da Unión Europea de mobilidade de estudiantes (Sócrates-Erasmus) para o curso 1996/1997.

A experiencia de anos anteriores respecto das listas de bolseiros Erasmus, as suxestións feitas pola comisión e as universidades, e a confirmación de que a UE porá en marcha un novo programa que combina o mellor de Erasmus e de Lingua baixo o nome de Sócrates aconsella amplia-las condicións para solicita-la bolsa complementaria Erasmus que viña convocando esta consellería en anos anteriores recoñecendo a posibilidade de participaren ós bolseiros Lingua.

Bases da convocatoria

1. Requisitos dos solicitantes

Poderán solicitar estas axudas os alumnos universitarios que cumpran os seguintes requisitos:

-Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

-Estar matriculado no curso 1996-1997, en calquera das universidades desta Comunidade Autónoma: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, cursando estudios regrados de 1º ou 2º ciclo.

-Ter concedida unha bolsa do programa Sócrates-Erasmus.

-Non desfrutar esta bolsa en convocatorias anteriores.

2. Solicitudes e documentación

As solicitudes formalizaranse por medio de instancia segundo o modelo ED417A, asinado polo interesado, polos pais ou titores legais del. Neste último caso deberá acreditarse a relación co posible beneficiario da axuda.

Cada solicitude virá acompañada da seguinte documentación:

a) Copia do DNI e NIF do solicitante.

b) Certificación municipal de convivencia.

c) Copia completa cotexada da declaración da renda das persoas físicas referida ó exercicio do ano 1995, dos membros que constitúen a unidade familiar a que pertence o/a solicitante, xunto coa folla de liquidación do ingreso selado pola entidade bancaria ou delegación de Facenda na que foi presentada. No caso de existir ingresos non suxeitos á declaración ante Facenda, deberán facerse constar expresamente no impreso de solicitude.

d) Certificación académica ou copia compulsada dela con especificación das convocatorias. Así mesmo, especificarase tamén as materias ou créditos no que se atopa matriculado ó alumno no curso 1996/1997.

No caso de validación deberá presenta-la certificación da institución de orixe.

e) Resgardo da matrícula correspondente ó curso 1996/1997.

f) Orixinal ou copia cotexada da credencial de bolseiro do programa Sócrates-Erasmus para o curso 1996/1997.

g) Certificado facilitado pola entidade bancaria a nome do interesado, na que conste o código conta cliente comprensivo dos códigos que identifican ó banco, a oficina, o díxito de control e o número de conta.

3. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo, San Caetano, s/n 15704 Santiago de Compostela) sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para presentación de instancias.

4. Tramitación.

Os Servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e, exporá as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días contados desde o 19 de xuño, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

Para efectos de selección dos beneficiarios, terase en conta a nota media do expediente académico.

6. Contía das axudas.

A contía máxima que poderán acadar estas axudas será de 360.000 pesetas como cantidade única que se vaia percibir, para o curso académico 1996-1997.

A determinación da contía de cada axuda establecerase en función da duración da estadía, do país no que se realice, do expediente académico, e dos ingresos familiares.

7. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a

comisión avaliadora no prazo de 10 días. Unha vez transcorrido ese prazo, a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, para que resolva.

8. Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992.

As axudas aboaranse na conta bancaria que indicou o interesado.

9. Revogación.

Esta consellería reserva para si o dereito de reclama-lo importe da axuda por incumprimento das bases desta convocatoria.

ANEXO VIII

BOLSAS DE RESIDENCIA PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDIOS UNIVERSITARIOS DE 1º, 2º OU 3º CICLO, NO CURSO 97-98, EN CENTROS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DESTINADAS ÓS GALEGOS QUE RESIDAN FÓRA DE GALICIA E ÓS SEUS DESCENDENTES

A finalidade desta acción é impulsar e mellora-las oportunidades de estudiar nas universidades galegas ós galegos e ós seus descendentes que residan fóra da Comunidade Autónoma perseguindo o obxectivo claro e decidido de capacitar, formar ou perfeccionar profesionalmente a aqueles, contribuíndo a reafirmación e fortalecemento das súas orixes galegas.

Bases da convocatoria

1. Requisitos dos solicitantes:

Poderán solicitar estas axudas as persoas que reúnan os requisitos seguintes, que deberán acreditar documentalmente:

-Ser galego ou descendente de galegos en liña directa (pais-fillos-netos) e ter residencia fóra da Comunidade Autónoma no momento da publicación desta convocatoria.

-Estar en condicións de inicia-los estudios universitarios para os que se solicita a bolsa ó comezo do curso 1997-1998.

-Acredita-la súa admisión nun centro dunha das tres universidades galegas para segui-los estudios regrados de primeiro ou segundo ciclo, e, cando se trate do terceiro ciclo, estar matriculado nun programa de doutoramento impartido nalgún departamento desas universidades. No caso de que non puidera formaliza-la matrícula por estar pendente de asignación da praza no procedemento

de ingreso ó sistema universitario de Galicia, certificado da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), conforme se atopa incluído na lista de espera.

2. Solicitudes e documentación.

As solicitudes formalizaranse por medio de instancia segundo o modelo ED428A, asinado polo interesado, polos pais ou titores legais del. Neste último caso deberá acreditarse a relación co posible beneficiario da bolsa.

Cada solicitude virá acompañada da seguinte documentación:

a) Copia do DNI / NIF ou pasaporte do solicitante.

b) Documento acreditativo da súa condición de galego ou ascendencia galega.

c) Copia completa cotexada da declaración da renda das persoas físicas referida ó exercicio do ano 1996, dos membros que constitúen a unidade familiar a que pertence o/a solicitante, xunto coa folla de liquidación do ingreso selado pola entidade bancaria ou delegación de Facenda na que foi presentada. No caso de existir ingresos non suxetos á declaración ante Facenda, deberán facerse constar expresamente no impreso de solicitude.

Esta documentación virá visada ou selada polo Consulado español no país de procedencia.

d) Certificación académica ou copia compulsada dela, con especificación das convocatorias. No caso de estudios validados, deberá presentarse, certificación académica, de idénticas características, para os estudios de orixe.

-No suposto dos alumnos que acceden ó primeiro curso nas facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias a través do COU e das PAAU deberán presenta-lo certificado da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) conforme é considerado apto para o ingreso na universidade. Así mesmo, para os titulados de FP II e módulos de nivel III que soliciten o ingreso nos estudios ou nas titulacións de primeiro ciclo ás que lle da acceso a súa titulación, deberán presenta-la nota media de acceso.

e) Validación dos estudios cursados conforme a sistemas educativos vixentes noutros países, cando proceda.

Se a documentación estivese escrita en lingua diferente das que son oficiais en Galicia, xuntarase traducción do documento en cuestión a calquera das dúas linguas oficiais: galego ou castelán.

f) Certificado facilitado pola entidade bancaria a nome do interesado, na que conste o código conta cliente comprensivo dos códigos que identifican o banco, a oficina, o díxito de control e o número de conta.

3. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de outubro de 1997.

A solicitude e a documentación requirida presentarase no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo, San Caetano, s/n, 15704. Santiago de Compostela), sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para presentación de instancias.

4. Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporá as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión.

Estas listas provisionais estarán expostas por un período de dez (10) días contados desde o 12 de novembro, e os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A efectos de selección dos beneficiarios, terase en conta a nota media do expediente académico.

6. Contía das axudas.

Tendo en conta o teito orzamentario establecido nesta orde, a contía das accións para estudios regrados de 1º ou 2º ciclo non poderá supera-las catrocentas dez mil (410.000) pesetas e cando se trate de 3º ciclo seiscentas vinte mil (620.000) pesetas.

A determinación da contía de cada axuda establecerase en función do expediente académico e os ingresos familiares, e destinarase a cubrir, total ou parcialmente, os gastos de aloxamento e manutención dos beneficiarios.

7. Período de desfrute.

As bolsas concedidas ó abeiro desta orde terán un período de desfrute coincidente co período académico ordinario do curso que comeza este ano, contando de outubro a xuño. En todo caso, entenderase rematada a axuda, xunto cos beneficios derivados dela, o 30 de xuño de 1998.

Estas bolsas son incompatibles co desfrute de bolsas doutro tipo de accións, tanto de institucións públicas como privadas.

8. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión avaliadora, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no Diario Oficial de Galicia. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora, no prazo de 10 días. Unha vez transcorrido ese prazo, a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevaralle a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

9. Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada polo interesado.

10. Obrigacións dos bolseiros que resulten beneficiados.

a) Incorporarse ó comezo do curso académico á universidade e centro no que vaia a realiza-los estudios.

b) Ó remate do curso o beneficiario remitiralle á Dirección Xeral de Universidades e Investigación unha breve memoria, cun máximo de tres folios, onde consten as actividades realizadas como estudiante ó longo do curso e as cualificacións obtidas nos seus estudios.

11. Revogación.

A consellería reserva para si o dereito de revoga-la bolsa por incumprimento das bases desta convocatoria.

97-2738