En virtude do acordado por María Evelia Marcos Arroyo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, en resolución desta data, dictada no Or. Suma. Hip. artigo 131 da Lei hipotecaria nº 318/1994, seguido neste xulgado por instancia de Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Servicio y Gestión del Nor
te, S.A. (Segenor, S.A.), en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a pública poxa, por primeira vez, o seguinte predio:
Número un. Nave industrial, da superficie de 630 m. Linda: fronte, estrada ós Ánxeles; fondo e dereita, entrando, resto de predio sen construír, e esquerda, nave nº 2 e resto de predio sen construír.
Figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, en virtude da división horizontal e distribución da responsabilidade hipotecaria no tomo 564, do libro 130 de Padrón, folio 125, predio nº 17.804.
Tipo da poxa: 28.317.600 ptas.
O remate terá lugar na sala de audiencia desta xulgado, sito na r/ Tetuán, s/n desta vila, o día 3 de xuño, ás 10.30 horas, previndo os licitadores:
Primeiro.-O tipo da poxa é o de 28.317.600 ptas., fixado na escritura de préstamo, e non se admiten ofertas que non cubran a dita cantidade.
Segundo.-Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar na conta deste xulgado nº 1575 18 318/94 do Banco Bilbao Vizcaya, o 20% da dita cantidade, e sen este requisito non serán admitidos.
Terceiro.-Poderá facerse o remate en calidade de cederllo a un terceiro.
Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.
Quinto.-Que os autos e as certificacións ós que se refire a regra 4ª do artigo 131 da Lei hipotecaria, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.
Sexto.-Que as cargas e demais gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.
De non haber ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda o día 3 de xullo, ás 10.30 horas, para a que servirá de tipo o 75% da valoración, e celebrarase terceira poxa, de se-lo caso, o día 9 de setembro, ás 10.30 horas, sen suxeición a tipo.
Dado en Padrón o dous de abril de mil novecentos noventa e sete.
A xuíza
Rubricado
2759