Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 17 de abril de 1997 Páx. 3.635

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (8/1997).

Pola presente cédula, que expido en méritos do acordado nos autos de xuízo de faltas 8/1997, sobre ameazas, cítase a Antonio Sanchís Pla, en concepto de denunciado, co fin de que o día 20 de maio de 1997, ás 10.15 horas, compareza perante a Sala de Audiencia número dous do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un, sita na primeira planta do Pazo de Xustiza, rúa Viena, s/n, de Santiago de Compostela, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, debendo verificalo acompañado de cantos medios de proba intente valerse, e prevéñoo de que, caso de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Antonio Sanchís Pla, cos apercibimentos acordados, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Santiago de Compostela o 2 de abril de 1997.

O secretario

Rubricado

2039