Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 17 de abril de 1997 Páx. 3.635

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (2/1996).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítanse, co número 2/1996, autos de xuízo verbal civil sobre

reclamación de cantidade, por instancia de María Magdalena Mosquera González, representada polo procurador Regueiro Muñoz, contra Antonio Mera Botana, a Cía. de seguros Winterthur e Óscar Priegue Lourido, este en paradoiro descoñecido para a parte demandante. E por medio da presente cédula é citado o dito demandado para o día 30 de abril próximo, ás dez horas, apercibíndoo de que, de non comparecer, seguirá o xuízo na súa rebeldía, sen volvelo citar.

Dada en Santiago de Compostela o seis de marzo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

1736