Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 17 de abril de 1997 Páx. 3.635

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (11/1997).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítase co número 11/1997 expediente de dominio para a reanudación do tracto sucesivo no Rexistro da Propiedade número dous desta cidade, do predio seguinte:

Leira grande da Decoita: labradío e monte, hoxe soar edificable, de 48 cuartillos de superficie, igual a 12 áreas e 78 centiáreas que linda, ó norte, con outra de Manuel Castro Amado; ó sur, outras de José Suárez, Manuel Gigirey e outros; ó leste, de sucesores de José Vilar e oeste, camiño de carro. Situado en Vite, parroquia de San Xoán Apóstolo-Santiago de Compostela.

E, por medio do presente edicto, é citado o último titular rexistral Guillermo Rodríguez Díaz, do que se descoñece o domicilio, así como as persoas ignoradas ás que lles poida prexudica-la inscrición solicitada, co fin de que poidan comparecer ante este xulgado para alegaren o que ó seu dereito conveña, dentro do termo dos dez días seguintes á citación.

Dado en Santiago de Compostela o catorce de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

2841