Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 17 de abril de 1997 Páx. 3.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1997, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público para a adquisición de material sanitario funxible, con destino a cubrir necesidades deste hospital, polo procedemento aberto e trámite de urxencia. (Expediente 4/1997).

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño de 1996), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o concurso público nº 4/1997, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

Obxecto e orzamento: a adquisición de material sanitario funxible, con destino a cubrir necesidades do hospital, repartido en seis lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente, por un orzamento total de 14.176.000 pesetas. Imposto sobre o valor engadido, incluído.

-Lote 1. Cueiros anatómicos. 682.000 ptas.

-Lote 2. Cueiros para adultos. 1.484.000 ptas.

-Lote 3. Equipos de infusión intravenosos. 4.013.000 ptas.

-Lote 4. Sistema de regulación de fluxo para equipo. 396.000 ptas.

-Lote 5. Gasas. 4.071.000 ptas.

-Lote 6. Compresas cirúrxicas. 3.530.000 ptas.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse conforme a demanda do Servicio de Subministracións.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria, poderá ser solicitada na sección de concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n. CP 36071 Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono (986) 80 00 17, ou fax (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación de cada lote, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p. 11).

Clasificación: non se esixe.

Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do estado.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Variantes: admitirase a presentación dunha variante ou alternativa por cada concepto.

Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 25 de marzo de 1997.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital Montecelo

de Pontevedra

2624