Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 17 de abril de 1997 Páx. 3.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da subministración sucesiva de implantes de traumatoloxía: prótese de cadeira (C.P. 5/1997), da subministración sucesiva de implantes de traumatoloxía: prótese de xeonllo (C.P. 6/1997), da subministración de aparellos cirúrxicos: un respirador (C.P. 7/1997), da subministración sucesiva de viscoelásticos oftálmicos estériles (C.P. 8/1997) e da subministración sucesiva de reactivos destinados ó laboratorio de análises clínicas para a realización das determinacións de proteínas (C.P. 9/1997).

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) convoca expedientes de contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, de:

* C.P. 5/1997, subministración sucesiva de implantes de traumatoloxía (próteses de cadeira). Orzamento: 32.360.000 (trinta e dous millóns trescentas sesenta mil pesetas), IVE incluído.

* C.P. 6/1997, subministración sucesiva de implantes de traumatoloxía prótese de xeonllo. Orzamento: 11.875.000 (once millóns oitocentas setenta e cinco mil pesetas), IVE incluído.

* C.P. 7/1997, subministración de aparellos cirúrxicos: un respirador. Orzamento: 3.250.000 (tres millóns duascentas cincuenta mil pesetas), IVE incluído.

* C.P. 8/1997, subministración sucesiva de viscoelásticos oftálmicos estériles. Orzamento: 2.500.000 (dous millóns cincocentas mil pesetas), IVE incluído.

* C.P. 9/1997, subministración sucesiva de reactivos destinados ó laboratorio de análises clínicas para a realización das determinacións de proteínas. Orzamento: 6.000.000 (seis millóns de pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1997, con posibilidade de prórroga por anos naturais.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa de Burela, teléfono (982) 58 99 58 e fax (982) 58 99 08, durante o prazo de admisión de proposicións.

Admisión de variantes:

* C.P. 5/1997: admítense todo tipo de propostas que supoñan unha mellora para a prestación da subministración mantendo, en todo caso, as condicións básicas establecidas no prego de cláusulas.

* C.P. 6/1997: admítense todo tipo de propostas que supoñan unha mellora para a prestación da subministración mantendo, en todo caso, as condicións básicas establecidas no prego de cláusulas.

* C.P. 7/1997: admitiranse todo tipo de propostas que supoñan unha mellora do obxecto de contrato, sempre e cando se cumpra o estipulado nas prescricións técnicas.

* C.P. 8/1997: non se admiten.

* C.P. 9/1997: admítense todo tipo de propostas que supoñan unha mellora para a prestación da subministración mantendo, en todo caso, as condicións básicas establecidas no prego de cláusulas.

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio).

Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio).

Criterios de adxudicación:

* C.P. 5/1997:

Características técnicas: ata 5 puntos.

Prezo: ata 5 puntos.

Experiencia demostrada, xustificada e contrastada: ata 4 puntos.

Servicio e prontitude na subministración: ata 4 puntos.

* C.P. 6/1997:

Características técnicas: ata 5 puntos.

Prezo: ata 5 puntos.

Experiencia demostrada, xustificada e contrastada: ata 4 puntos.

Servicio e prontitude na subministración: ata 4 puntos.

* C.P. 7/1997:

Características técnicas: ata 6 puntos.

Prezo: ata 5 puntos.

Asistencia técnica: ata 5 puntos.

Prezo ofertado pola compra do aparello usado: ata 4 puntos.

Prazo de entrega: ata 3 puntos.

* C.P. 8/1997:

Prezo: ata 4 puntos.

Calidade, características técnicas: ata 4 puntos.

Mantemento stock constante: ata 3 puntos.

Servicio: ata 3 puntos.

* C.P. 9/1997:

Medios técnicos: ata 7 puntos.

Asistencia técnica: ata 6 puntos.

Prezo: ata 5 puntos.

Control de calidade: ata 5 puntos.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación. A devandita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación da proposición: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados ou asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa de Burela a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa de Burela ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 31 de marzo de 1997.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

2291