Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución dos procedementos sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres 96/0045 e 96/0091.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2, da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de contrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de

Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 22 de abril de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Procedemento sancionador número: EN 96/0045.

Denunciada: Marina Orge Vázquez.

DNI: 35.939.125.

Último enderezo coñecido: r/ Manuel Eijan, 13-3ªB, Ourense.

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Tipificación infracción, Lei 4/1989, de CEN:-Artigo infrinxido: 38.13º.-Cualificación infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

-Procedemento sancionador número: EN 96/0091.

Denunciada: Juana Ruiz Sánchez.

DNI: 72.599.152.

Último enderezo coñecido: r/ Pintor Rosales, 32, Badalona (Barcelona).

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Tipificación infracción, Lei 4/1989, de CEN:-Artigo infrinxido: 38.13º.-Cualificación infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

3487