Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 21 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación dos expedientes sancionadores de epizootias, LU-16/1997 e dous máis devoltas polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a notificación de incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación

desta cédula, para que poida examina-lo expediente neste delegación provincial, situada na Ronda da Muralla, 197, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

ANEXO:

-Expediente: LU-16/97.

Denunciado: José Monterrubio Gallego.

DNI: 11759776.

Último enderezo coñecido: Asturianos de Sanabria. Zamora.

Feito denunciado: transporta-lo día 29 de xaneiro de 1997 seis animais bovinos desde Santiago de Compostela-A Coruña ata Ponferrada-León e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Precepto infrinxido: artigo 32 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 217.3º do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: de 2.500 a 100.000 pesetas.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

-Expediente: LU-65/97.

Denunciado: Celso Pérez Mosquera.

DNI: 34533231.

Último enderezo coñecido: r/ Castelao, 50, Ourense.

Feito denunciado: encontrarse o día 1 de marzo de 1997 no recinto feiral de Monterroso a mercar dúas cabezas de gando bovino de seis meses de vida, sen te-lo carné de tratante.

Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigos 213 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: de 1.000 a 50.000 pesetas.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

-Expediente: LU-66/97.

Denunciado: José Álvarez Álvarez.

DNI: 34433502.

Último enderezo coñecido: r/ Compostela, 12, Ourense.

Feito denunciado: encontrarse o día 1 de marzo de 1997 no recinto feiral de Monterroso a mercar dúas cabezas de gando bovino de seis meses de vida, sen te-lo carné de tratante.

Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 213 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: de 1.000 a 50.000 pesetas.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

Lugo, 21 de abril de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

3485