Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 10 de abril de 1997, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004532/1997, interposto por Manuel Rodríguez Zorelle e outros.

Con data 17 de marzo de 1997, o presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, sección segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 02/0004532/1997, interposto por Manuel Rodríguez Zorelle, José Antonio Gómez Quintana, Manuel Rodríguez Pérez, María Jesús y Pilar Pereira Fernández, Luis Dibuja Dibuja, Manuel Antonio Guedes y Encarnación Marín Nieves contra resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, do 21 de xaneiro de 1997, referencia T-X, relativa a escrito presentado por José Luis Carnicero Blanco en nome dos veciños de Cachamuíña verbo do monte Montealegre, concello do Pereiro de Aguiar.

En consecuencia, esta presidencia acordou, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que quedan emprazadas para que poidan presentarse e comparecer en forma nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Ourense, 10 de abril de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

3486