Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.726

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de maio de 1997 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios do persoal dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, durante a continuación da folga convocada para os días 7 e 15 de maio de 1997.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño de 1988), entre os que se atopa a educación.

O exercicio do dereito fundamental á educación, así como dos seus corolarios, non se deben ver afectados gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afec

tados, para que, mediante orde, e diante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios; así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

O dereito á educación é un dereito de carácter social e, polo tanto, reclama dos poderes públicos as accións positivas necesarias para que poida ser levado a cabo en igualdade de tódolos que se encontran en calquera dos niveis formativos en calquera tipo de centro.

Por outra parte, a especial problemática de Galicia, coa maior porcentaxe de alumnos transportados e facendo uso dos comedores escolares ou o bo número de internados da nosa Comunidade Autónoma, non poden quedar paralizados no seu funcionamento como consecuencia do dereito constitucional de folga.

Sinálanse, por iso, os servicios mínimos necesarios para manter en funcionamento os comedores escolares, a limpeza dos centros e un mínimo de vixilancia e atención para os alumnos que poidan acudir ós centros, xa que a maioría deles son menores de dezaoito anos e moitos deles con idades comprendidas entre os tres e catorce anos.

Os centros de educación especial necesitan, polas características dos seus alumnos, un maior coidado e asistencia e por iso cómpre a asistencia do maior número de persoal, como coidadores, persoal médico, etc.

Comunicada polo comité de folga a continuación, durante os días 21 e 22 de maio de 1997, da folga convocada para os días 7 e 15 de maio de 1997, que afecta ó profesorado dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que presta servicios en calidade de interino, contratado e substituto nos centros públicos dependentes desta consellería, e nos diversos niveis educativos (infantil, primaria e secundaria), procede entender aplicable para os devanditos días en que continuará a folga o disposto na orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 5 de maio de 1997 (DOG nº 86, do 7 de maio), pola que, cumprido o preceptivo trámite de audiencia ó comité de folga, se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios do persoal dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, durante a folga que se levará a efecto os días 7 e 15 de maio de 1997.

Así mesmo, comunicada igualmente polo comité de folga a posibilidade de extensión da convocatoria de folga a datas seguintes, procede igualmente entender aplicable o establecido na citada Orde do 5 de maio de 1997 os días durante os cales a folga continúe levándose a efecto.

Por todo o que antecede, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.- O disposto na orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 5 de

maio de 1997 (DOG nº 86, do 7 de maio) pola que, cumprido o preceptivo trámite de audiencia ó comité de folga, se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios do persoal dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, durante a folga que se leva a efecto os días 7 e 15 de maio de 1997, aplicarase integramente á continuación da devandita folga que se levará a cabo os días 21 e 22 de maio de 1997.

Igualmente será de aplicación o disposto na citada Orde do 5 de maio de 1997 os días durante os cales a devandita folga continúe levándose a efecto.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

2913