Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.734

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (227/1994).

Que neste xulgado se seguen autos do xuízo executivo co número 227/1994, por instancia de Almacenes Celso Míguez, S.A., representado polo procurador Antonio Felipe Cuns Núñez contra Ataúdes Marcelino, S.L., na reclamación de 56.056 pesetas do principal, máis 175.000 pesetas calculadas para xuros, custas e gastos; destas actuacións e pola resolución do día da data acordouse sacar poxa pública por primeira vez o día vintecinco de xuño de 1997 a hora de nove trinta da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, polo termo de vinte días, os bens que logo se dirán.

A poxa axustarase ás seguintes regras:

1. Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar na conta de depósitos e consignacións des

te xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número de expediente ou procedemento seguinte 1590/17/00227/1994, presentado o resgardo de ingreso, unha cantidade semellante polo menos ó 20% efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa; sen o dito requisito non serán admitidos.

2. Non se admitirán licitacións que non cubran as dúas terceiras partes do prezo de taxación.

3. Desde a publicación da poxa ata a súa celebración, poderán facerse licitacións por escrito en prego pechado, acreditándose ter efectuado o depósito previo do 20% antes indicado.

4. Só o executante poderá facer licitación en calidade de cederlle o remate a un terceiro.

5. As cargas anteriores e preferentes ó crédito do autor, se existisen, quedarán subsistentes, sen que se dedique á súa extinción o prezo do remate, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidades e obrigas que destas se deriven.

6. Os títulos de propiedade dos bens que se sacan a poxa, encóntranse de manifesto na secretaría deste xulgado, para que poidan ser examinados por quen desexen tomar parte na poxa, previndo os licitadores que se deberán conformar con eles e que non terán dereito a esixir ningún outro.

7. No caso de que se tivese que suspender calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora do día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

Para o suposto de que non houbese postores na primeira poxa, sinálase para a celebración da segunda o vintetrés de xullo 1997, ás nove trinta da mañá, no mesmo lugar, coa rebaixa do 25% do tipo de taxación, subsistindo as demais condicións da primeira.

E para o caso de que tampouco houbese postores na segunda, sinálase para a terceira o día vintecatro de setembro de 1997 e hora das nove trinta da mañá, no mesmo lugar que as anteriores sen suxeición a tipo, debendo os que desexen tomar parte nela face-lo depósito previo igual ó sinalado para a segunda, e persistindo as demais condicións.

Sírvalle-lo presente edicto de notificación ós demandados Ataúdes Marcelino, S.L., no caso de resultar negativa a dilixencia de notificación persoal.

Bens obxecto de poxa.

Camión Pegaso EKUS 100.40, matrícula C-9966-AT, nº de bastidor WV2 ZZZ29 ZKH022506, tara 2.350 kg y P.M.A. 3.500 kg.

Taxado pericialmente na cantidade de seiscientas cincuenta mil pesetas (650.000 ptas.).

Dado en Santiago de Compostela o dez de abril de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario do xulgado

Rubricado

3322