Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.349

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 27 de maio de 1997 pola que se declara provisionalmente o encoro de Cecebre como espacio natural en réxime de protección xeral.

O artigo 45 da Constitución española asegura a pervivencia dos nosos ecosistemas e dos seus compoñentes garantindo a protección e conservación do noso patrimonio natural.

As competencias en materia de protección do medio ambiente e da paisaxe fóronlle conferidas á Comunidade Autónoma de Galicia polo artigo 27.30º

do Estatuto de autonomía, asumidas pola Xunta de Galicia a través do Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño.

A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, dispón no seu artigo 21.2º que as comunidades autónomas con competencias plenas na materia poderán establecer outras figuras de protección distintas ás regulamentadas no seu artigo 12.

Conforme as citadas normas legais foi aprobado o Decreto 82/1989, do 11 de maio, polo que se regula a figura de espacio natural en réxime de protección xeral.

Os estudios levados a cabo pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes conclúen que o encoro de Cecebre ten uns valores de flora e fauna que aconsellan a adopción de medidas de protección preventiva co obxecto de salvagardalo de posibles riscos ou ameazas de degradación e para garanti-lo mantemento dos ecosistemas. Por iso, facendo uso das facultades que lle outorga o artigo 6 do Decreto 82/1989, do 11 de maio,

DISPÓN:

Artigo 1º

Iníciase o trámite de inclusión definitiva do espacio denominado encoro de Cecebre no Rexistro de Espacios Naturais de Galicia.

Artigo 2º

Ante a necesidade de dotar a este espacio dunha protección preventiva, declárase provisionalmente como en réxime xeral, de acordo co disposto no artigo 6 do Decreto 82/1989.

Artigo 3º

Os seus límites son os que a continuación se definen:

N.-Desde a presa seguindo pola estrada que une o apeadoiro de Cecebre con San Román, cruzando

os lugares de Seixurra e San Román, ata o cruzamento coa autoestrada do Atlántico.

E.-Seguindo o curso de autoestrada ata o km 17 e continuando por unha pista de terra de servidume a esta para rematar na presa de formigón sobre o río Mero.

S.-Desde o punto anterior seguindo a marxe dereita del río Mero ata a ponte, Cubelo, Agrolongo e Orto de Arriba ata o viaducto do río Barcés, da marxe dereita da cal segue ata o lugar de Táboas, na estrada de Mabegondo a Carral.

O.-Seguindo a marxe esquerda do río Barcés ata o viaducto e continuando pola estrada ata a presa.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase ó director xeral de Montes e MAN para desenvolver cantas cuestións de carácter xeral se deriven da aplicación desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

4193