Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.352

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de axencias marítimas.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de axencias marítimas, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-4-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Empresarial de Consignatarios de Buques de Pontevedra, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO e UGT, con data do 16-4-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta dele

gación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de abril de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para axencias

marítimas da provincia de Pontevedra

I. Normas xerais.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regula as relacións laborais entre as empresas consignatarias de buques e actividades afíns da provincia de Pontevedra e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Duración e prórrogas.

O presente convenio terá unha duración de dous anos, entrando en vigor, para tódolos efectos, o 1 de xaneiro de 1997, calquera que sexa a data de publicación no BOP, prorrogándose tacitamente por períodos anuais sempre que non sexa denunciado, exceptuándose no relativo á táboa salarial, que será revisada anualmente.

Artigo 3º.-Denuncia.

Calquera das partes, con dous meses de antelación como mínimo, poderá denuncia-lo convenio por escrito, a través das seus representantes legais perante a autoridade laboral competente.

Será indispensable, para os efectos de formalizar tal denuncia, a súa comunicación por escrito de calquera das partes á outra.

Efectuada a indicada denuncia, o disposto neste convenio subsistirá, mesmo fóra da súa duración, ata a entrada en vigor da nova normativa que o substitúa.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Para interpretar e vixia-la aplicación do presente convenio créase unha comisión paritaria, segundo establece o artigo 85.2 do Estatuto dos traballadores, a cal estará composta por igual número de membros entre as partes asinantes.

A composición será de dous membros por cada parte.

Poderán asistir ás sesións da comisión paritaria con voz pero sen voto, os asesores que as partes consideren convenientes cun máximo de dous por cada parte.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio estivese desfrutando de condicións máis beneficiosas que as que aquí se establecen, deberá conservalas.

II. Condicións laborais.

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

Establécese a xornada laboral partida cos horarios vixentes na actualidade, quedando os sábados libres para tódolos efectos, sen que con isto se restrinxa a xornada de traballo existente.

A xornada será de 40 horas semanais.

A xornada de verán será intensiva; comezará o 1 de xuño e rematará o 30 de setembro de cada ano.

As empresas, de acordo cos seus empregados, poderán establecer en cada caso os horarios e xornadas máis convenientes para o desenvolvemento da súa actividade.

Non obstante o estipulado nos parágrafos anteriores e dadas as características do tráfico, as empresas poderán, con suxeición a horario fixo, utiliza-lo persoal necesario para atende-las chegadas, despachos e saídas de buques, aeronaves, trens e demais medios de transporte e despachos de aduanas, sinalando o persoal que teña que prestar servicios os sábados por rigorosa quenda rotativa, sen compensación económica ou recuperación de horas sempre e cando non se superen as 40 horas semanais.

Para o persoal de peirao a xornada de traballo será de 40 horas semanais, de luns a venres.

A xornada en sábados para o persoal de peirao será de dúas intensivas, unha das 8 ás 14 horas e outra das 14 ás 20 horas.

En domingos e festivos a xornada para o persoal de peirao será das 8 ás 14 horas.

A segunda xornada dos sábados así como a dos domingos e festivos poderase ampliar coas horas necesarias ata finaliza-la operativa portuaria.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas no presente convenio formarán un todo orgánico e indivisible e para os efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente en cómputo anual.

No suposto previsto no artigo 90.5 do Estatuto dos traballadores aplicarase o que resolva a xurisdicción competente de non terse alcanzado previamente un acordo entre as partes.

Artigo 8º.-Vacacións.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán cada ano de 30 días naturais e retribuídos segundo a táboa salarial.

As quendas de vacacións serán rotativas.

As empresas establecerán por cada centro de traballo ou dependencia o cadro de vacacións do persoal afecto a ela, coidando que os servicios queden debidamente atendidos, e procurando acceder ós desexos daquel. As incompatibilidades serán resoltas outorgando preferencias de forma rotativa.

Nas oficinas en que a organización por seccións e a extensión do seu cadro de persoal o permitan farase un cadro por seccións. Este cadro farase sen prexuízo da coordinación que deba establecerse entre todas de acordo co problema xeral da oficina.

As vacacións serán desfrutadas dentro do ano natural correspondente.

A duración das vacacións do persoal que estivese ó servicio da empresa menos dun ano estará en proporción ó tempo servido e deberán desfrutarse antes do 31 de decembro.

O desfrute das vacacións deberá quedar regularizado no caso de que sexa factible antes do inicio da suspensión de contrato que se presuma vaia exceder do ano natural e, en todo caso, antes do 31 de decembro.

Dará dereito a vacacións o tempo servido na empresa, así como os períodos de suspensión de contrato debidos a ILT.

O salario correspondente ó período de vacacións será o mesmo que lle correspondería ó traballador estando de servicio no mesmo período.

As empresas que poidan cubrir debidamente os seus servicios darán preferencia ás peticións de vacacións dos seus traballadores entre os meses de xuño e setembro, ambos incluídos.

As vacacións non se iniciarán en domingo ou día festivo.

Artigo 9º.-Dereitos sindicais.

Aplicarase o que dispón e regula a vixente Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 10º.-Permisos retribuídos

Os traballadores, avisando con antelación e xustificando en debida forma o feito, poderán faltar ou ausentarse do traballo sen perda de retribución, polos seguintes motivos e polo tempo que se expresa:

a) En caso de contraer matrimonio, 20 días.

b) Por enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe, fillos, pai ou nai dun ou doutro cónxuxe, netos, avós ou irmáns, 3 días. Se precisase desprazarse fóra da provincia, poderá ampliarse a licencia 3 días máis.

c) No suposto de parto da esposa, 2 días, que serán prorrogables ata 5 en caso de gravidade.

d) En caso de matrimonio de parentes ata o segundo grao, coincidindo co día da cerimonia, 1 día. Para fóra da provincia 1 día máis.

e) Por traslado do seu domicilio habitual, 1 día.

f) O tempo indispensable para o cumprimento de deberes de carácter inescusable, de carácter público e/ou persoal.

No non recollido no presente artigo observarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 11º.-Festividade do sector.

Considerarase, para tódolos efectos, como festivo no sector o día 16 de xullo.

III. Condicións económicas.

Artigo 12º.-Retribucións.

Os soldos e salarios correspondentes ás distintas categorías de persoal incrementaranse nun 3% sobre os vixentes en 1996, tal como se reflicte na táboa anexa ó presente convenio.

A dita táboa será a única base de cálculo para o devengo das demais percepcións derivadas do convenio e disposicións aplicables.

Artigo 13º.-Antigüidade.

Establécense trienios do 5% co tope do 100%, calculándose sobre os salarios aprobados neste convenio.

Artigo 14º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afecto por este convenio percibirá catro pagas extraordinarias, dunha mensualidade cada unha delas, calculándose de acordo co salario do convenio maila antigüidade, e faranse efectivas nos meses de marzo, xullo, outubro e decembro de cada ano, debendo ser aboadas pola empresa dentro da primeira quincena.

Artigo 15º.-Plus de transporte.

Establécese o aboamento para todo o persoal dun plus de transporte por importe de 3.500 pesetas.

Artigo 16º.-Axudas de custo.

Cando as necesidades do servicio o requiran e o traballador teña que permanece-lo día completo fóra do domicilio da empresa, corresponderalle percibi-la cantidade de 3.500 pesetas/día en concepto de manutención.

Así mesmo, cando as necesidades do traballo impliquen ter que realizar fóra o xantar, a cea ou o almorzo, as cantidades que percibirá o traballador serán as seguintes:

-Xantar: 1.500 ptas.

-Cea: 1.500 ptas.

-Almorzo: 500 ptas.

En calquera caso, o gasto por aloxamento será por conta da empresa.

O custo do transporte que se utilice para o desprazamento será en todo caso por conta da empresa. Aboaranse 24 ptas./km cando o desprazamento o realice o traballador fóra do concello en vehículo propio e ó servicio da empresa.

Non obstante o anterior, será válido calquera outro acordo que sobre este punto pacten a empresa e o traballador.

Artigo 17º.-Valor da hora extraordinaria.

Distínguense os seguintes tipos de horas extraordinarias:

a) Hora extra normal.

b) Hora extra nocturna.

c) Hora extra sábado mañá.

d) Hora extra sábado tarde, domingos e festivos.

O valor da hora extraordinaria será o que figura na táboa anexa correspondente.

Artigo 18º.-Remuneración para o persoal de peirao en xornadas de sábado mañá, sábado tarde, domingos e festivos.

As xornadas que se realicen en sábados mañá as tres primeiras horas pagaranse, polo concepto valor hora, a razón de 2.000 ptas./hora.

A remuneración para o persoal de peirao nas xornadas de sábado mañá (sempre e cando se superen as tres horas), sábado tarde e domingos ou festivos, será a seguinte:

-Xornada de sábado mañá: 8.000 ptas.

-Xornada de sábado tarde: 10.000 ptas.

-Xornada de domingos e festivos: 10.000 ptas.

Artigo 19º.-Gratificación especial.

Establécese un premio, cun importe equivalente ó soldo anual (16 pagas de soldo máis antigüidade) ós traballadores que leven vinte anos de servicio na empresa e se xubilen voluntariamente ou por causa de invalidez (por solicitude do traballador e dentro do seguinte mes), así como para aquel persoal que solicite xubilarse aplicando o coeficiente reductor.

Este artigo será de aplicación para aqueles traballadores con idade non superior ós 65 anos.

Unha vez cumpridos polo traballador os 65 anos, a gratificación a que fai referencia este artigo non terá validez se non a exerce dentro do mes seguinte ó cumprimento da dita idade.

Esta gratificación non será de aplicación ó persoal que ingrese con posterioridade ó 1 de xaneiro de 1997, data de entrada en vigor do presente convenio.

Cláusula transitoria.

Para recupera-lo desfase existente na táboa salarial incrementarase esta nunha porcentaxe do 1,85% no ano 1997.

Cláusula de revisión.

A suba salarial acordada será revisada o 31 de decembro de 1997 segundo o IPC real. Esta cláusula será aplicable con carácter retroactivo a 1 de xaneiro de 1997.

Cláusulas adicionais.

Primeira.-O presente convenio colectivo foi subscrito en representación da parte económica pola asociación patronal do sector e pola representación social UGT e CC.OO.

Segunda.-A comisión paritaria no presente convenio reunirase con carácter de urxencia en 24 horas para a interpretación ou aclaración de calquera artigo.

Non se paralizará o traballo antes de reunirse a comisión paritaria.

Táboa salarial

Grupos e categoríasSalario

mensual/ptas.

I. Titulados
Titulado superior152.831
Titulado medio: grupo A136.690
Titulado medio: grupo B127.466

II. Administrativos
Xefe de sección152.831
Xefe de negociado136.690
Oficial administrativo120.666
Auxiliar administrativo 92.172
Aspirante de 16 a 18 anos 70.125

III. Subalternos
Conserxe, cobrador, ordenanza,

porteiro e sereno

80.515
Mozo dos recados de 16 a 18 anos 70.125

IV. Servicios varios
a) Categorías básicas
Encargado de sección103.842
Oficial de 1ª 99.830
Oficial de 2ª 94.822
Oficial de 3ª 91.556
Peón 91.556
Aprendiz de 16 a 18 anos 70.125

b) Categorías asimiladas
Conductor de camión 94.822
Conductor de turismo 94.822
Cosedor/a 90.472

Gratificacións de caixeiros, complementos de postos de traballo e persoalImporte

anual/ptas.

A) Gratificación de caixeiro sempre que sexa por quebranto de moeda 78.035
B) Apoderados 78.035
C) Complemento persoal con coñecemento de idiomas estranxeiros 78.035

Valor da hora extra en día laborable e da hora extra en sábado mañá, nocturno, sábado tarde, domingos e festivos, para os distintos grupos e categorías do persoal de axencias marítimas

Valor hora extra
Grupos

e categorías

H. extra/

/ptas.

H. extra

sábado

mañá

e

nocturna/

ptas.

H.extra

sábado

tarde,

domingos

e festivos/

/ptas.

I. Titulados
Titulado superior1.7002.0502.700
Titulado medio: grupo A1.5001.8002.400
Titulado medio: grupo B1.4001.7002.250

II. Administrativos
Xefe de sección1.7002.0502.700
Xefe de negociado1.5001.8002.400
Oficial administrativo1.3501.6002.150
Auxiliar administrativo1.0501.2501.700
Aspirante de 16 a 18 anos 800 9501.250

III. Subalternos
Conserxe, cobrador, ordenanza, porteiro e sereno 9001.1001.450
Mozo dos recados de 16 a 18 anos 800 9501.250

IV. Servicios varios
a) Categorías básicas
Encargado de sección1.3001.5502.000
Oficial de 1ª1.3001.5502.000
Oficial de 2ª1.3001.5502.000
Oficial de 3ª1.3001.5502.000
Peón1.3001.5502.000
Aprendiz de 16 a 18 anos1.3001.5502.000

b) Categorías asimiladas
Conductor de camión1.3001.5502.000
Conductor de turismo1.3001.5502.000
Manipulante1.3001.5502.000
Encargado de almacén

ou almaceneiro

1.3001.5502.000
Mozo de almacén1.3001.5502.000
Cosedor/a1.3001.5502.000

3530