Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 8 de maio de 1997, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00059-O-97 e PO-00063-O-97).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as notificacións sancionadoras, dictada pola xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, facultada polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo) recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren alegacións perante o Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, no prazo de quince días contados desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas notificacións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 311.500.007.9 Caixa Galicia, Oficina oficina principal de Pontevedra.

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 8 de maio de 1997.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo

coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-00059-O-97

PO-6569-AL

G.C. Tráfico

Reboreda, S.L.

Ecuador, 45

36203 Vigo

Pontevedra

Circular transportando un globo de fumigación, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado vehículo lixeiro. 23-1-1997; 10.55; N-550; 138.500Artigo 103 da Lei 6/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990...143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/1990...25.000 ptas.

PO-00063-O-97

SE-4527-BX

G.C. Tráfico

Ruíz Morato, S.L.

Julio César, 11

41900 Camas

Sevilla

Circular realizando un transporte de mariscos, carecendo da tarxeta de transportes. Transportar mercadoría perecedoira carecendo do certificado para transportar mercadoría perecedoira. Servicio privado. Vehículo lixeiro.

28-1-1997; 12.24.50; C-531; 9

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990, artigo 7 do Real decreto 2312/1985, do 24 de setembro, normas de homologación, ensaio e inspección de vehículos destinados ó transporte de mercadorías perecedoiras (BOE nº 298, do 13 de decembro.143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/1990, 143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/1990...50.000 ptas.

4127