Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo, do 3 de setembro de 1993.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso ordinario número 94/0501 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo, do 3 de setembro de 1993, pola que se acordou denega-la aprobación final do expediente L-VR-4284/90, para rehabilitación dunha vivenda rural sita en Fontefermosa-Riocereixa-Pedrafita do Cebreiro-Lugo, da que a súa parte dispositiva di:

«Desestima-lo recurso ordinario número V-0501/94 interposto por José López Martínez, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Lugo, do 3 de setembro de 1993, pola que se acordou denega-la aprobación final do expediente L-VR-4284/90 para a rehabilitación dunha vivenda sita en Fontefermosa-Riocereixa-Pedrafita do Cebreiro-Lugo resolución que se confirma.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte o da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, 20 de maio de 1997.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4070