Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.341

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Culleredo.

Na páxina 1.266, no artigo 5, no segundo parágrafo do apartado 4, onde di: «... No caso de que o IPC sexa superado...», debe dicir: «... No caso de que o IPC previsto sexa superado...»

Na páxina 1.271, onde di:

«Artigo 35º.-Anticipos salariais», debe dicir: «Artigo 33º.-Anticipos salariais».

Na páxina 1.274, na disposición derradeira, onde di:

«...asinado polos representantes da corporación da mesa de negociación», debe dicir: «... asinado polos representantes da corporación na mesa de negociación».

4977