Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.347

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO TRINTA E TRES DE MADRID

EDICTO (246/1996).

Ángel Galgo Peco, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción numero treinta y tres dos de Madrid, fago saber:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo declarativo menor contía numero 246/1996, por instancia de Ángel Barajas Zamorano, Fernando del Pozo Benito, Fernando del Pozo García e Eugenio Torrecilla Cabañas, representados polo procurador José María Abad Tundidor, contra herdeiros descoñecidos de Antonio Vázquez e outros en petición de sentencia pola que estimando plenamento a demanda, se declare:

A) Que Ángel Barajas Zamorano é lexítimo propietario do 25% indiviso dos predios número 16 da rúa de la Palma e número 26 da rúa Valverde de Madrid, que adquiriu mediante diversos contratos de compravenda dos anteriores propietarios, xunto coa prescrición adquisitiva sobre os bens, segundo queda feito suficiente mérito ó longo deste escrito de demanda, para o réxime de gananciais.

B) Que Fernando del Pozo é igualmente propietario inidivo dos mesmos predios, e na mesma proporción (outro 25%), por idénticos títulos, adquirindo a súa cota para a sociedade de gananciais.

C) Que Eugenio Torrecilla Cabañas tamen é propietario doutro 25% indiviso dos mesmos predios, que adquiriu para a sociedade de gananciais por título de compravenda e prescrición adquisitiva sobre os predios.

D) Que Fernando del Pozo García é propietario doutra cuarta parte indivisa (25%) dos dous predios mencionados que adquiriu por compravenda e prescrición adquisitiva, pero a diferencia dos anteriores, con carácter privativo.

E) Que en definitiva, na adquisición da propiedade de ámbolos predios por parte dos demandantes, cada un deles na súa cota respectiva, 25% indiviso, existe ademais do xusto título (contrato de compravenda) e o modo (tradición efectiva dos predios), a prescrición adquisitiva (usucapión), esta figura xurídica tamén os lexitima como verdadeiros e efectivos propietarios; polo menos como medio subsidiario no modo de adquir-la propiedade de ámbolos predios.

F) Por último, e en consecuencia, procédase á cancelación e anulación da inscrición contradictoria que sobre a propiedade dos predios mencionados existe no Rexistro da Propiedade 27 desta capital.

Nos que por providencia da data do 9 de maio do ano en curso acordei emprazar a Antonio e Eudivigis López Díaz, os seus fillos, descendentes e herdeiros.

Jesús Díaz López, María Estrella, María del Carmen, Antonio López López, María e Carmen Díaz López, Jesús López Dorado, María Díaz Cabañas, Julián, Germán, Ginés e María del Carmen Regueiro Lopez, Rogelio e Jesús Pérez Regueiro dos que os últimos domicilios se descoñecen, co fin de que no termo de quince días comparezan neste xulgado co fin de alega-lo que ó seu dereito conveña, dictándose noutro caso sentencia sen máis trámite.

En Madrid o doce de maio de mil novecentos noventa e sete.

O Maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

5046