Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.348

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (157/1995).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa.

Fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 157/1995, se segue procedemento exe

cutivo letras de cambio, por instancia de Manuel Rey, S.A., Betanzos, representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Antonio Fernández Rodríguez e Hijos, S.L., domiciliado en Raviña, 16, O Pino, en reclamación de cantidade, autos nos que se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa valoración, os seguintes bens que se lle embargaron no procedemento e que ó final do presente edicto se citan:

A poxa terá lugar o vindeiro día vinteoito de xullo ás dez da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, situado na rúa Lugo, nº 45, baixo as seguintes condicións:

Os bens saen a licitación en lotes separados.

1. O tipo de remate será o do valor que se lle deu ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas tercerias partes da devandita cantidade.

2. Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente polo menos o 20% do tipo de remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao-Vizcaya, S.A. oficina número 1475, conta de consignacións número 1510-000, a favor do expediente executivo 157/1995.

3. Soamente o executante poderá cede-lo remate a un terceiro.

4. Poderanse facer ofertas por escrito en prego fechado, desde o anuncio da poxa ata que teña lugar, depositándoo na mesa do xulgado, e xunto co prego, o xustificante acreditativo do ingreso do importe reseñado no punto número 2.

5. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día trinta de setembro, ás dez horas, nas mesmas condicións que a primeira, salvante o tipo do remate que será o 75% do da primeira, e no caso de que resultase deserta a devandita segunda poxa, terá lugar unha terceira, sen suxeición a tipo, o día tres de novembro, tamén ás dez horas, rexendo para elas as restantes condicións que se fixaron para a segunda.

E para que así conste e sirva de notificación para o público en xeral e ós demandados en particular, no caso de non poder facelo segundo o que dispón a lei, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Dado en Arzúa o dezanove de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

Relación de bens obxecto de poxa.

1. Camión marca Renault, modelo P-390-T, matrícula C-9538-AM. O tipo é de 1.500.000 pesetas.

2. Remolque marca Leciñena modelo SRP 3 E, matrícula C-01386-R. O tipo é de 800.000 pesetas.

5045