Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.349

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (158/1995).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número uno de Arzúa.

Fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 158/1995, se segue procedemento executivo letras de cambio, por instancia de Manuel Rey, S.A., Betanzos, representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Antonio Fernández Rodríguez e Hijos, S.L., domiciliado en Raviña, 16, O Pino, en reclamación de cantidade, autos nos que se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa valoración, o seguinte ben que se lle embargaron no procedemento e que ó final do presente edicto se cita:

A poxa terá lugar o vindeiro día vinteoito de xullo ás dez trinta da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, situado na rúa Lugo, nº 45, baixo as seguintes condicións:

Os bens saen a licitación en lotes separados.

1. O tipo de remate será o do valor que se lle deu ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas tercerias partes da devandita cantidade. O tipo é de 450.000 pesetas.

2. Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente polo menos o 20% do tipo de remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao-Vizcaya, S.A., oficina número 1475, conta de consignacións número 1510-000, a favor do expediente executivo 158/1995.

3. Soamente o executante poderá cede-lo remate a un terceiro.

4. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego fechado, desde o anuncio da poxa ata que teña lugar, depositándoo na mesa do xulgado, e xunto co prego, o xustificante acreditativo do ingreso do importe reseñado no punto número 2.

5. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día trinta de setembro, ás dez trinta horas, nas mesmas condicións que a primeira, salvante o tipo do remate que será o 75% do da primeira, e no caso de que resultase deserta a devandita segunda poxa, terá lugar unha terceira, sen suxeición a tipo, o día tres de novembro, tamén ás dez horas, rexendo para elas as restantes condicións que se fixaron para a segunda.

E para que así conste e sirva de notificación para o público en xeral e ós demandados en particular, no caso de non poder facelo segundo o que dispón a lei, expídese o presente oficio para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Arzúa, dezanove de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

Relación de bens obxecto de poxa.

Remolque marca Fruehauf tipo góndola, matrícula LU-0010170-R. Tipo 450.000 pesetas.

4467