Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 15 de xullo de 1997 Páx. 6.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A., para o período do 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1997, ambos incluídos.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A. (nº de rexistro 8200162) para o período do 1-1-1997 ó 31-12-1997, inclusive, acordado o 16 de maio de 1997 entre os representantes da empresa e os traballadores e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do

24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no Rexistro Xeral de Convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A., para o período do 1-1-1997 ó 31-12-1997, ambos incluídos.

Asistentes.

Presidente:

Rafael Rosell de la Peña

Secretario:

Roberto Pena López

Vocais en representación da sección económica.

José Maria Rivera Trallero

Francisco Crujeiras Parada

Vocais en representación da sección social:

Enrique Domínguez Esporas

José Maria Gómez Rey

José Manuel Lema Gómez

Jesús Carlos Montes Varela

Manuel Rama Bello

Santiago Ramos Mesejo

Manuel Salgado Rodríguez

José Luis Vázquez García

Na cidade da Coruña a dezaseis de maio de mil novecentos noventa e sete.

Sendo as doce horas, reúnense no local habilitado para o efecto as persoas arriba indicadas, como membros da comisión deliberadora para a revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A., propietaria da fábrica de cervexas La Estrella de Galicia, da que as respectivas representacións mutuamente se recoñecen, lexitimándose reciprocamente.

Aberto o acto polo presidente, o secretario dá lectura ó artigo 6, apartado terceiro, do vixente convenio colectivo, homologado por Resolución do 22 de agos

to de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, que é do teor literal seguinte:

«Artículo 6º

Terceiro.-Haberá unha revisión salarial a partir do un de xaneiro de 1997 que farán as partes de mutuo acordo. Para calcula-la devandita revisión salarial teranse por base os conceptos retributivos correspondentes a 1996, incrementados coa recuperación, se procede, obxecto deste artigo.»

Acto seguido tras deliberar sobre o particular, ámbalas representacións, unanimemente, acordan aproba-la revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A., e que terá vigor o 1-1-1997 ata o 31-12-1997, ambos incluídos e nos seguintes termos:

Primeiro.-Os salarios base para as distintas categorías profesionais serán os seguintes:

Pesetas

mensuais

Salario

base anual

Técnicos:
Director técnico176.1482.113.776
Mestre cervexeiro157.4271.889.124
Xefe de mantemento157.4271.889.124
Xefe de primeira138.7091.664.508
Xefe de segunda129.3451.552.140
Oficial de primeira119.9871.439.844
Oficial de segunda115.3071.383.684
Axudante de laboratorio100.8391.210.068
Auxiliar96.5871.159.044

Administrativos:
Director administrativo176.1482.113.776
Xefe de contabilidade157.4271.889.124
Xefe de proceso de datos157.4271.889.124
Xefe de primeira138.7091.664.508
Xefe de segunda129.3451.552.140
Oficial de primeira119.9871.439.844
Oficial de segunda115.3071.383.684
Auxiliar96.5871.159.044

Comerciais:
Director comercial176.1482.113.776
Xefe de primeira138.7091.664.508
Xefe de segunda129.3451.552.140
Inspector de primeira122.3241.467.888
Inspector de segunda117.6481.411.776
Promotor de vendas113.5471.362.564
Preventista109.4441.313.328

Subalternos:
Subalterno de primeira, xefe de equipo100.8391.210.068
Subalterno de primeira94.5131.134.156
Subalterno de segunda92.4831.109.796
Limpador88.1561.057.872

Especialistas de oficio:Diario
Oficial de primeira, xefe de equipo3.4271.250.855
Oficial de primeira3.1931.165.445
Oficial de segunda3.1211.139.165
Axudante3.0521.113.980
Auxiliar de primeira2.9791.087.335
Auxiliar de segunda2.9111.062.515

Ademais dos salarios que se indican na táboa que antecede, os traballadores percibirán as pagas extraordinarias e demais complementos que se especifican no vixente convenio colectivo e nos apartados seguintes desta revisión.

Segundo.-O plus de convenio estipulado no artigo 13º do vixente convenio colectivo queda establecido en 29.365 ptas., nas mesmas condicións establecidas no mencionado artigo.

Terceiro.-O plus de asistencia regulado nos artigos 15 y 16 queda establecido en 789 ptas., nas mesmas condicións estipuladas nos referidos artigos do vixente convenio colectivo.

Cuarto.-A partir da entrada en vigor da presente revisión salarial, o persoal que viña percibindo axudas de custo polo desempeño das súas funcións fóra do termo municipal do seu centro de traballo pasará a cobralas nas seguintes contías:

Inspectores e promotores de vendas:

Axuda de custo completa: 5.250 ptas.

Media axuda de custo: 2.625 ptas.

Prevendistas, persoal de reparto e/ou mantemento:

Axuda de custo completa: 3.225 ptas.

Media axuda de custo: 1.050 ptas.

Os directores e xefes de departamento e sección viaxarán con gastos que terán que xustificar.

Quinto.-As comisións e compensacións por reparto que percibe o persoal de distribución e/ou reparto en compensación á posible prolongación da xornada de traballo e en función da calidade do servicio prestado, a partir do 1-1-1997, serán as que a seguir se indican:

Cervexa:

Barril de 50 litros: 83,30 ptas.

Barril de 30 litros: 50,20 ptas.

Caixa de 1/3: 11,65 ptas.

Caixa de 115: 9,90 ptas.

Caixa de 1/4: 8,40 ptas.

Caixa de latas e extra: 11,65 ptas.

Auga:

Caixa de 1

(PVC); 11,65 ptas.

Caixa de 1/2, 1/3 e 1/4 (PVC): 8,40 ptas.

Caixa de 1/1 (cristal): 11,65 ptas.

Caixa de 1/2 e 1/3 (cristal): 9,90 ptas.

Os importes anteriores aboaranse por cada barril e/ou caixa de cervexa e auga vendida e percibiraos ó 100% o vendedor-repartidor cando realice a ruta el só. Se á ruta a comparte con outra persoa, ou se realiza pre-venda, o vendedor-repartidor percibirá o 50% e o acompañante ou prevendista o outro 50%.

Sexto.-O complemento de indemnización prevista no artigo 24, punto 2, durante a prórroga especial de incapacidade temporal (de 18 a 30 meses), queda establecido en 11.916 ptas. mensuais, nas mesmas condicións establecidas no referido artigo.

Sétimo.-A asignación por xubilación que ser prevé no artigo 26 do vixente convenio colectivo queda establecida conforme a escala que se indica a seguir, nas mesmas condicións que figuran no devandito artigo:

Pesetas

mensuais

Director técnico, administrativo ou comercial49.362
Mestre cervexeiro, xefe de mantemento, xefe de contabilidade ou de proceso de datos43.933
Xefe de primeira técnico, administrativo ou comercial38.751
Xefe de segunda técnico, administrativo ou comercial36.280
Inspector de primeira comercial34.308
Oficial de primeira técnico ou administrativo33.567
Inspector de segunda comercial32.827
Oficial de segunda técnico ou administrativo32.333
Promotor de vendas comercial31.838
Prevendista comercial30.604
Oficial de primeira obreiro xefe de equipo29.124
Axudante de laboratorio ou subalterno de primeira xefe de equipo28.137
Auxiliar técnico ou administrativo e oficial de primeira obreiro27.150
Oficial de segunda obreiro ou subalterno de primeira26.410
Axudante obreiro ou subalterno de segunda25.915
Auxiliar de primeira obreiro25.176
Auxiliar de segunda obreiro ou limpador24.680

Oitavo.-A gratificación regulada no artigo 29 por festividade da patroa queda establecida en 20.713 ptas.

Noveno.-A bolsa de vacacións estipuladas no artigo 43, punto 3, do vixente convenio colectivo, queda establecida en 47.025 ptas., nas mesmas condicións que especifica o mencionado artigo.

Décimo.-No suposto de que o incremento anual do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) rexistre no 31 de decembro de 1997 un crecemento superior ó 3,50%, efectuarase unha revisión salarial equivalente á dita diferencia.

A revisión levarase a cabo unha vez que o Instituto Nacional de Estatística constate oficialmente o IPC real de 1997 e, cando proceda, aboarase con efectos do 1 de xaneiro do dito ano.

Décimo primeiro.-Tódolos demais termos do vixente convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A., non sobren ningunha variación.

Por último, e dado que existe conformidade no contido desta acta, ámbalas partes dan por rematada a reunión, con acordo na revisión salarial do convenio colectivo para o período 1-1-1997 ó 31-12-1997, ambos incluídos, levantando a reunión ás quince horas do día no encabezamento indicado, de todo o cal se estende presente acta, en cinco follas de papel común, mecanografadas por cada unha das súas caras, en exemplar por triplicado, que rubrican as catro primeiras e asinan a última, tódolos señores que nela interveñen, comigo o secretario.