Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 15 de xullo de 1997 Páx. 7.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, e trámite de urxencia, da execución das obras para a construcción do edificio para sede dos xulgados de Marín (Pontevedra).

1. Obxecto do contrato: execución das obras de reforma e ampliación de edificio para sede dos xulgados de Marín (Pontevedra).

2. Prazo de execución: 6 meses.

3. Orzamento: 48.174.390 ptas.

4. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Presupostario), os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela.

As copias da documentación e o proxecto poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L., r/ Rosalía de Castro, 51 baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono (981) 59 78 55, mediante aboamento do seu importe.

5. Fianza provisional: dispensada.

6. Fianza definitiva: 1.926.976 pesetas.

7. Clasificación que se esixe: grupo C; subgrupos 2, 4, 6 e 8; categoría d).

8. Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se adxunta no anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás catorce horas (14) do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de coincidir en sábado ou festivo, rematará ás catorce horas do día hábil seguinte.

10. Apertura das proposicións: unha vez que a mesa de contratación cualifique a documentación contida no sobre nº 1, a apertura das proposicións económicas terá lugar, en acto público, o sexto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas, ás doce horas (12), na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no complexo

administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-93)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais