Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 15 de xullo de 1997 Páx. 6.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Gandeiros do Val do Carrio (Agaval).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 9/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Gandeiros do Val do Carrio (Agaval) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: podarán ser membros da devandita asociación tódalas persoas físicas e xurídicas, relacionadas coa actividade agraria e gandeira, que voluntariamente acepten os presentes estatutos.

Asinan a acta de constitución: Román Santaya Agra e oito persoas máis.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais