Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 15 de xullo de 1997 Páx. 6.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia o depósito da acta de modificación e os novos estatutos do Sindicato de Funcionarios de Administración Local de la Provincia de Pontevedra, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denomina Sindicato Independiente de Trabajadores de la Administración Pública (SITAP).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou acta de modificación e os novos estatutos do Sindicato de Funcionarios de Administración Local de la Provincia de Pontevedra, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denomina Sindicato Independiente de Trabajadores de la Administración Pública (SITAP), cambiando así mesmo o seu ámbito territorial.

Asinan o anexo a acta da asemblea xeral, na que se recolle o acordo acadado por unanimidade, da modificación xeral dos estatutos, José L. Martínez Antúnez (secretario), co visto e prace do seu presidente Florentino Resille Freire.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais