En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados ás 13 horas do día 12 de xuño de 1997, a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Comerciantes de Espasante, que tañen os seguintes ámbitos:
Territorial: local.
Profesional: empresarios e comerciantes.
Asinan a acta de constitución: José Luis Alonso Ríos e tres persoas máis.
Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.
A Coruña, 13 de xuño de 1997.
María Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña

