De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos ditos expedientes, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.
O importe da sanción farase efectivo a través dos impresos normalizados, que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo; Ronda da Muralla, 197, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.
ANEXO
-Expediente nº: IF-21/97.
Denunciado: Manuel Vázquez Vázquez.
Enderezo: Avda. de Santiago, 120-Ourense.
Feito denunciado: abandonar un vehículo, marca SIMCA-1200, matrícula OR-2144-E, en lugar inapropiado para esta clase de residuos.
Precepto infrinxido: artigo 136.j) 137.e) do Regulamento de incendios forestais.
Cualificación da infracción: grave.
Sanción: 12.000 ptas. de multa.
-Expediente nº: IF-38/97.
Denunciado: Miguel Díaz Rodríguez.
Enderezo: Pedregal-Cova, 5.
Feito denunciado: depositar un vehículo nunha grande masa forestal, marca SIMCA-1200, matrícula LU-0032; estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.
Precepto infrinxido: artigo 137.e) do Regulamento de incendios forestais.
Cualificación da infracción: grave.
Sanción: 12.000 ptas. de multa.
-Expediente nº: IF-48/97.
Denunciado: César Fraga Fernández.
Enderezo: r/ Reja, s/n-Celeiro de Mariñaos.
Feito denunciado: depositar un vehículo no monte, en evidente estado de abandono, modelo SEAT 1430, matrícula M-8668-AB; estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.
Precepto infrinxido: artigo 137.e) do Regulamento de incendios forestais.
Cualificación da infracción: grave.
Sanción: 12.000 ptas. de multa.
-Expediente nº: IF-35/97.
Denunciado: Augusto da Costa Piris Brizida.
Enderezo: Pumeiriño, 7-Xove-Lugo.
Feito denunciado: depositar un vehículo en zona forestal, marca R-7, matrícula D-5109-U, susceptible de provocar ou intensificar incendio forestal.
Precepto infrinxido: artigo 136.j) 137.e) do Regulamento incendios forestais.
Sanción: 12.000 ptas. de multa.
Lugo, 10 de xuño de 1997.
José Ramón Molinero Senovilla
Delegado provincial de Lugo

