Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Mércores, 16 de xullo de 1997 Páx. 7.025

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1997 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de mecánica dos medios continuos e teoría de estructuras, do departamento de Tecnoloxía da Construcción, a Manuel Muñoz Vidal.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 17 de xullo de 1996 (BOE do 14 de agosto), para a provisión da praza número 96/048 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento mecánica dos medios continuos e teoría de estructuras, departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade, a favor de Manuel Muñoz Vidal, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Muñoz Vidal profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de mecánica dos medios continuos e teoría de estructuras do departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade.

A Coruña, 25 de xuño de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

5309