Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Mércores, 16 de xullo de 1997 Páx. 7.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se fai pública a adxudicación de contrato de obras por concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Esta secretaría, en cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, fai pública a adxudicación dos contratos de obras por concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente, anunciadas por Resolución do 15 de maio de 1997, da Secretaría Xeral para o Turismo (DOG nº 96, do 21 de maio de 1997).

Reformas no edificio de Turgalicia, na Barcia-Santiago de Compostela.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Importe: dez millóns cincocentas noventa mil pesetas (10.590.000) IVE incluído.

Adxudicatario: Tuconsa.

Data de adxudicación: 24-6-1997.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1997.

P.D. (Orde do 21-5-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

5298