Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Mércores, 16 de xullo de 1997 Páx. 7.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/100-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Roncudo-Corme.

Situación: Ponteceso.

Características técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos, con conductor LA-56, de 728 m, con orixe na liña Nemeño-Corme (expediente 27865) e final no C.T. que se vai instalar Roncudo-Corme, centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións 20/0,380-0,220 kV, do que parte da rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.117 no Roncudo. Corme. Concello de Ponteceso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5362