Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T., Sub. a 20 kV. C.T. 250 kVA en Aríns-Devesa, INM. Galicia.
Situación: Santiago de Compostela.
Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV
de 3(1x95) mm Al, de 210 m con orixe no último apoio da liña que alimenta o C.T. Aríns e final no C.T. que se vai instalar. Centro de transformación tipo interior, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Aríns-Devesa. Concello de Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 9 de xuño de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
5360

