Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.
Denominación: L.M.T., Sub. e C.T. aéreo, de 100 kVA en campo de fútbol.
Situación: Camariñas.
Características técnicas: liña de media tensión (L.M.T.) subterránea, a 20 kV de 424 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 3(1x95) mm Al, que parte da L.M.T. a Faro Cabo Vilán e final no centro de transformación aéreo, xunto ó campo de fútbol de Camariñas, de 100 kVA. Concello de Camariñas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 13 de xuño de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
5357

