Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Mércores, 16 de xullo de 1997 Páx. 7.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/96-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., aérea, de 20 kV, C.T. de 100 kVA en Cabana de Bergantiños. R.B.T.

Situación: Cabana de Bergantiños.

Características técnicas: liña de media tensión (L.M.T.) a 20 kV de 950 m de lonxitude, C, con orixe na L.M.T. a centro de transformación (C.T.) San Fins de Castro e final no C.T. que se vai construír no lugar de Cabana de Bergantiños, de 100 kVA e rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 970 m de lonxitude. Concello de Cabana de Bergantiños.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5354