Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.
Denominación: L.M.T., aérea, de 20 kV, C.T. aéreo de 160 kVA. R.B.T. en Capelán.
Situación: Carnota.
Características técnicas: liña aérea de media tensión (L.M.T.) a 20 kV de 414 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Pontella-Alivia e final no centro de transformación que se vai construír en Capelán de 160 kVA. Concello de Carnota.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 13 de xuño de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
5355

