Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.
Denominación: L.M.T., aérea, C.T. de 160 kVA en Sertegas. R.B.T.
Situación: Dumbría.
Características técnicas: liña de media tensión aérea (L.M.T.) a 20 kV de 793 m de lonxitude, en conductor LA-56 que parte da L.M.T. Castrelo-Roalo-Pedrafrade-Piteira e final no centro de transformación que se vai construír en Sarteguas de 160 kVA. Concello de Dumbría.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 13 de xuño de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
5356

