Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Enderezo social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.
Denominación: L.M.T., aérea, Sub. o C.T. de Esteiro.
Situación: Muros.
Características técnicas: liña de media tensión (L.M.T.) aéreo subterránea de 1106 m de lonxitude en conductor LA-110 e R.H.V. de 12/20 kV de 3 (1x150 mm Al), que parte da L.M.T. Outes-Muros e final no centro de transformación existente de Esteiro. Concello de Muros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 13 de xuño de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
5358

