Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.
Denominación: L.M.T., aérea, de 20 kV, C.T. de 160 kVA, R.B.T. Vilar de Arriba-Campol.
Situación: Negreira.
Características técnicas: liña de media tensión (L.M.T.) aérea a 20 kV de 562 m de lonxitude, en conductor LA-56 que parte da L.M.T. a centro de transformación (C.T.) de Campolongo e final no C.T. que se vai construír en Vilar de 160 kVA e rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 1.390 m de lonxitude. Concello de Negreira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 13 de xuño de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
5560

