Para os efectos previstos nos Decretos 2617/68, 2619/66, 2366/94 e 205/95, polos que se regulan
as instalacións eléctricas e o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Parque Eólico da Capelada, AIE, con enderezo en Avda. de Burgos 8 B, planta 18, Madrid, para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento de instalación eléctrica acollida ó réxime especial, as instalacións que se van implatar no denominado parque eólico Capelada II, nos municipios de Cedeira, Cariño e Ortigueira e dentro das poligonais cerradas de vértices: zona Herbeira V1 (0.585.050W, 4.841.800N), V2 (0.585.750W, 4.842.350N), V3(0.585.850W, 4.842.200N) e V4(0.585.500W, 4.841.200N); zona Fraga de Nebril V1(0.583.700W, 4.840.300N), V2(0.584.150W, 4.840.600N), V3(0.584.800W, 4.840.000N) e V4(0.584.150W, 4.839.750N e zona Pena do Viño 583.975W, 4.838.675N), V2(0.585.000W, 4.837.650N), V3(0.584.675,24W, 4.837.324,46N), V4(0.584.382W, 4.837.617N), V5(0.583.967W,
4.837.248,96N) e V6(0.583.300W, 4.838.000N), montaranse as instalacións eléctricas seguintes: 45 aeroxeradores de 330 kV de potencia nominal unitaria, cunha potencia total de 14,8 MW. 12 centros de transformación con potencias de 1250, 1600 ou 2000 kVA e tensións de 0,69/20 kV e liña eléctrica subterránea de media tensión, a 1 m de profundidade, interconectando transformadores con subestación 20/132 kV existente.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 30 de xuño de 1997.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
5314

