En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e á orde da Consellería de Agricultura, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SSAATT de Galicia, así como as modificacións que se citan.
Constitucións de:
A sociedade agraria de transformación Varela a Toxa SAT nº 953 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo na Toxa-Touro (A Coruña); obxecto social: exportación en común de terras e gandos; capital social: 1.200.000 pesetas; nº de socios: 3.
A sociedade agraria de transformación Fica Frades SAT nº 954 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Mesos-Frades (A Coruña); obxecto social: adquisición e explotación de maquinaria en común; capital social: 200.000 pesetas; nº de socios: 4.
Modificacións de:
A sociedade agraria de transformación Queinaga SAT nº 871 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 19-3-1997, acordan por unanimidade a alta e baixa de dous socios sen variación do capital social.
A sociedade agraria de transformación Pazo de Présaras SAT nº 715 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 26-5-1997, acorda por unanimidade a alta e baixa de socios, sen variación do capital social, así como o nomeamento da nova xunta rectora, integrada por: presidente: Manuel Jacobo Sánchez Ares; secretario: Luis Sánchez Bugallo e vocal: Mª Luisa Ares Ares.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1997.
Antonio L. Rosón Pérez
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Montes
97-5587

