1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras. b) Número de expediente: S97/77.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: material para obras do convenio Inem-Concello/1997.
b) Número de unidades que hai que entregar: véxase epígrafe 1 do cadro de características de cada un dos contratos.
c) División por lotes e número: si.
d) Lugar de entrega: véxase punto 1.
e) Prazo de entrega: farase ó ritmo que esixan as necesidades municipais, e non poderá ser superior a dous días, a partir da data de petición.
3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: ver epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: ver epígrafe 3 do cadro de características de cada un dos contratos.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. Noc aso de resultar sábado o día de remate do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
1ª Entidade: véxase punto 1.
2ª Enderezo: véxase punto 6 b.
3ª Localidade e código postal: véxase punto 6 c.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración por lotes de material para obras do convenio Inem-Concello/1997».
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 2 de xullo de 1997.
O alcalde
P.D.
Rubricado
5590

