1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.
b) Número de expediente: O97/35.
2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de remodelación da praza de María Pita.
Prazo de execución: seis meses.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 313.235.862 ptas. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: 6.264.717 pesetas.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Sucopia, S.L. b) Enderezo: Ronda de Nelle, 131. c) Localidade: 15010 A Coruña. d) Teléfono: (981) 26 70 64. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.
7. Clasificación empresarial: grupo A, subgrupo 1, categoría c.
Grupo D, subgrupos 2, 4 e 5, categoría c.
Grupo I, subgrupo 1, categoría c.
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica» e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de remodelación da praza de María Pita».
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 8 de xullo de 1997.
O alcalde
P.D.
Rubricado
97-4989

