Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 17 de xullo de 1997 Páx. 7.040

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de xuño de 1997 pola que se autoriza o cambio de denominación de escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria.

Tendo en conta o artigo 8 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de outubro de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación dos centros que nos anexos se relacionan.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

-Provincia: A Coruña.

Concello: Cambre.

Localidade: Brexo-Lema.

Código do centro: 15025554.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Brexo-Lema.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Emilio González López.

-Provincia: A Coruña.

Concello: Oleiros.

Localidade: Arillo.

Código do centro: 15020088.

Denominación: Escola de Educación Infantil de Arillo.

Nova denominación: Escola de Educación Infantil Esquío.

-Provincia: Ourense.

Concello: A Merca.

Localidade: A Merca.

Código do centro: 32015189.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria da Merca.

Nova denominación: Colexio Público de Educación Infantil e Primaria Joaquina Gallego Jorreto.

-Provincia: Pontevedra.

Concello: Oia.

Localidade: Arrabal.

Código do centro: 36006067.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Arrabal-Oia.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Mestre Manuel García.

-Provincia: Pontevedra.

Concello: Moaña.

Localidade: Calvar.

Código do centro: 36004711.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Calvar-Domaio.

Nova denominación: Colexio Público de Educación Infantil e Primaria Domaio.

Enderezo: rúa Verdeal, 23.

5281