Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 17 de xullo de 1997 Páx. 7.039

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1997, da Inspección Xeral de Servicios, pola que se nomea director do IV curso para a obtención do diploma de Inspección de Servicios da Xunta de Galicia.

Por Orde do 6 de maio de 1992 (DOG nº 88, do 11 de maio), regúlase o diploma de Inspección de Servicios e nel establécese que para o desempeño dos postos de traballo de inspectores e subinspectores de Servicios, será requisito necesario estar en posesión do diploma de Inspección de Servicios expedido pola Escola Galega de Administración Pública.

Segundo dispón o artigo 2º da citada orde, para obte-lo diploma de Inspección de Servicios será necesario seguir con resultado favorable o curso que periodicamente convoque para o efecto a Escola Galega de Administración Pública, engadindo o artigo 5º que o director do curso será nomeado polo director xeral da Inspección Xeral de Servicios.

Convocado por Resolución do 15 de xuño de 1997 (DOG nº 121, do 25 de xuño de 1997) o IV curso para a obtención do diploma de Inspección de Servicios da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Nomear director do IV curso para a obtención do diploma de Inspección de Servicios da Xunta de Galicia, a Luis Etchevarría Ariznabarreta.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1997.

Jaime Bouzada Romero

Director xeral da Inspección Xeral de Servicios

5280