A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitoulle ó Servicio Galego de Saúde o expediente relativo ó recurso nº 1/851/1997 interposto pola María José Lires Fernández contra a Resolución do 28 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas (DOG nº 47, do 10 de marzo de 1997) e a Resolución do 10 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas (DOG nº 48, do 11 de marzo de 1997), sobre a convocatoria dos aspirantes a vinculacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde.
En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer en autos
na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1997.
Valeriano Martínez García
Director xeral de Recursos Humanos
5491

