Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 17 de xullo de 1997 Páx. 7.048

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/858/1997, interposto pola Asociación de Médicos Substitutos.

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitoulle ó Servicio Galego de Saúde o expediente relativo ó recurso nº 1/858/1997 interposto pola Asociación de Médicos Substitutos contra o pacto sobre vinculacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo organismo (DOG nº 47, do 10 de marzo de 1997).

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei regulamentaria da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer en autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

5402