Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 18 de xullo de 1997 Páx. 7.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 24 de xuño de 1997, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativas ós contribuíntes que se citan (Rodríguez Arias, Manuel e vinteunha máis).

De conformidade co disposto no artigo 59-4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións complementarias relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indican, e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación dos artigos 14-7º do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e 18 da Lei 29/1987, do 18 de decembro, do imposto sobre sucesións e doazóns. Para a comprobación dos valores utilizouse o regulado no artigo 52-1-D da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, que establece que as débedas tributarias resultantes de liquidacións practicadas pola Administración deberán pagarse:

a) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

b) As notificadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

c) As débedas non satisfeitas no período voluntario faranse efectivas por vía de constrinximento.

Os recursos contra as liquidacións son: de reposición no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da notificación, perante a Delegación da Consellería de Economía e Facenda (Ronda da Muralla, 62, Lugo); reclamación económico-administrativa no prazo de quince días hábiles, a partir do seguinte ó da notificación, no caso de que fose notificada, expresa ou tacitamente, a resolución do recurso de reposición (artigo 161 da Lei xeral tributaria) perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional; taxación pericial contradictoria de conformidade co artigo 52 da Lei xeral tributaria. Non se poderá simultanea-la interposición do recurso de reposición e a reclamación económico-administrativa. A interposición do recurso ou reclamación non suspende a obriga de efectua-lo ingreso no Tesouro do total do importe da liquidación.

Lugo, 24 de xuño de 1997.

Gonzalo Luis Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ContribuínteEnderezoContíaExpediente

Rodríguez Arias Manuelr/ Reina, 2, Lugo80088413/95

Pallise Meilán María MonserratMar Cantabrico, 40, Lugo67442151/95

Rilo Bra José Ramónr/ Ombreiro, 48, Lugo24721945/94

Rilo Bra José Ramónr/ Ombreiro, 48, Lugo39321946/94

Corral Vilar Juan CarlosAv. Coruña, 190-1º, Lugo224593180/95

Corral Vilar Juan CarlosAv. Coruña, 190-1º, Lugo767407346/95

Pumariño Maciñeiras María Luzr/ Montevideo, 4-2º, Lugo937725247/96

Attouch Amedr/ Juana Ibarbourou, 3-3º, Lugo2800506/97

Esshaibi Saidr/ Juana Ibarbourou, 13-3º, Lugo10006313/96

Díaz Soto José Ángelr/ 18 de Julio, 80-4º, Lugo50696580/96

Seco López Manuelr/ Ourense, 30, Lugo102944576/96

Sánchez Ruíz Antonior/ La Florida, 11-ático, A Coruña267218609/95

Vitalico Agencia de Seguros S.Ar/ Paseo de Gracia 11, Barcelona77401802/93

Suárez Redondo JesúsAv. Soria, 5-baixo D, Valladolid50724582/95

López López Camilor/ Nova 6-2º B-Sarria, Lugo90583227/95

Díaz López ManuelMosteirovello-Paradela -Lugo77302155/96

López Núñez PilarVilamaior-Sarria43489518/95

Santamaría Armado Josér/ Calvo Sotelo, 217-4º B, Sarria-Lugo3253116/96

Vázquez Liz Titor/ Pintor Navarro LLorens 4

porta 13, Valencia

4871878/94

Pérez López José Maríar/ Porvenir 22-baixo, Sarria-Lugo8852902/92

López López Manuelr/ Calvo Sotelo 95, Sarria-Lugo10820561/92

Fernández Pernas AntonioAlaxe-O Valadouro-Lugo26401175/94

5671