Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 18 de xullo de 1997 Páx. 7.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 24 de xuño de 1997, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifican comprobacións de valores dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativas ós contribuíntes que se citan (Piñeiro González, Isabel e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os acordos de comprobación de valores e liquidacións complementarias relativos ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indican e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 46-1º, do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Contra estas valoracións poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Servicio de Xestión Tributaria, ou reclamación perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, un e outra no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó desta publicación, sen que poidan simultanearse ámbolos dous recursos. Así mesmo, poderase solicitar perante o Servicio de Xestión Tributaria a práctica da taxación pericial contradictoria tamén no prazo de quince días hábiles computados da mesma forma.

No caso de interpoñer reclamación económico-administrativa, deberase xustificar perante este servicio, para os efectos de interrompe-lo procedemento administrativo de liquidación sobre o valor comprobado.

Lugo, 24 de xuño de 1997.

Gonzalo Luis Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ContribuínteEnderezoContíaExpediente

Barros Martínez Francisco Javierr/ Concepción Arenal, 23, Ferrol-A Coruña70000008220/95

Nodar Rodríguez Jesúsr/ Doiro, 25, Santiago de Compostela55985367991/94

5373