Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 18 de xullo de 1997 Páx. 7.098

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (196/1996).

Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 196/1996 se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en representación de Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra José Manuel Bello Rey e Mª Josefa Rodríguez Varela, en reclamación de cantidade. Nas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo de valoración pericial o seguinte predio embargado ós demandados:

Rústica, predio a monte denominado Chousa da Insua, sito na parroquia de Barizo, concello de Malpica de Bergantiños. Superficie de 10 áreas, 56 centiáreas, equivalentes en medida local a dous ferrados. Linda, norte, monte de José Couto Romero; sur, pista en proxecto de cinco metros de largo; leste, máis de Asunción Cousillas Gulin e oeste, monte de Clarisa Varela.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena nº 2, 2º (polígono das Fontiñas) o vindeiro día 15 de setembro ás once horas, de conformidade ás seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 1.056.000 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV nº de conta 1592-17-196-96 o vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o resgardo de ingreso na conta de consignacións deste xulgado do vinte por cento do tipo do remate.

4. Só a parte actora poderá face-lo remate a calidade de ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do Rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 13 de outubro, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate que será o setenta e cinco por cento do da primeira, e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 12 de novembro, tamén ás once horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela o dezaoito de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

5372